EDUCACIÓN

Cita para os máis novos na Escola de Verán e no Campamento Urbano

26/06/2006

A Escola Municipal de Verán chega á súa quinta edición e acollerá aos nenos e nenas do 27 de xuño ao 4 de xullo. Esta é a proposta do Departamento de Educación e Mocidade agora que remataron as clases, cun obxectivo semellante ao do Campamento Urbano, que neste caso se celebrará do 10 ao 28 de xullo.

Leer más

FESTAS

La Oreja de Van Gogh e Joaquín Cortés, actuacións estrela das Festas do Apóstolo

26/06/2006

Á falta de presentarse o programa definitivo, xa están perfilados os principais espectáculos das Festas do Apóstolo 2006, que este ano contarán cun presuposto de 742.144 euros. Un concerto da cantante Rosa para acompañar o pregón na Praza do Obradoiro dará inicio ás celebracións o día 15. Os pratos fortes desta edición serán os concertos de La Oreja de Van Gogh, Amparanoia e Coti, e o espectáculo de danza do bailarín Joaquín Cortés.

Leer más

TRANSPORTE

Novos horarios de verán no transporte urbano

26/06/2006

O vindeiro 1 de xullo entrarán en vigor os horarios verán no servizo de transporte urbano. En xeral, mantense a mesma liña de reducións que en anos anteriores, pero con algunhas novidades que melloran o servizo aos cidadáns.

Leer más
Compartir: