AUGAS

As obras da nova depuradora estarán en marcha en 2007

14/05/2006

As obras de reparación dos colectores e da nova depuradora de augas residuais de Santiago estarán en marcha o vindeiro ano, segundo anunciou a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, trala súa reunión co alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, na Casa do Concello. Estas actuacións suporán un investimento de 88 millóns de euros.

Leer más
Compartir: