AUDITORIO DE GALICIA

Gran actuación da Orchestra of the Age of Enlightenment e a Cappella de Amsterdam

18/01/2006

O prestixioso dirrector Gustav Leonhardt dirixirá o concerto The Age of the Enlightenment o mércores 18 de xaneiro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Galicia.

O programa, dedicado integramente ao compositor H. Purcell (1659–1695), permitiranos escoitar a Oda para o aniversario da Raiña Mary e Odas para o día de Santa Cecilia, baixo a dirección do mestre Gustav Leonhardt .

Leer más

EDUCACIÓN

Chega a Compostela a exposición itinerante "As Portas do Milenio"

18/01/2006

"As Portas do Milenio" é o título da exposición itinerante que chega a Compostela para dar a coñecer os obxectivos establecidos pola ONU para este milenio. A mostra poderá visitarse nas instalacións do centro comercial Área Central dende o mércores 25 de xaneiro ata o sábado 18 de febreiro gracias á colaboración de Cruz Vermella, Unicef, o Centro Comercial de Área Central e o Departamento de Educación e Mocidade do Concello.

Leer más

EDUCACIÓN E MEDIO AMBIENTE

Os escolares composteláns aprenden a respetar o medio ambiente

18/01/2006

Por quinto ano consecutivo os escolares de Compostela aprenderán a respetar o medio ambiente a través do programa de Educación Ambiental organizado polas concellerías e Educación e Medio Ambiente do Concello de Santiago en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA).

Leer más
Compartir: