BENESTAR SOCIAL

As entidades de acción social teñen xa un novo punto de contacto co cidadán na Praza de Galicia

30/03/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto simbólico de entrega das chaves da oficina situada na Praza de Galicia ás entidades de iniciativa social da cidade. Tras asumir a súa titularidade, a Concellería de Benestar cede o uso gratuíto da caseta de información turística situada enriba do aparcadoiro para os fins destes colectivos.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde manifesta a "total oposición a calquera modificación do trazado do AVE que implique novo estudo de impacto ambiental e novo proxecto"

30/03/2007

Na súa habitual comparecencia dos venres ante os medios de comunicación, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, manifestou a "total oposición a calquera modificación do trazado do AVE que implique novo estudo de impacto ambiental e novo proxecto". Segundo dixo, calquera cambio neste sentido suporía "un retraso dun mínimo de catro anos na chegada do AVE".

Leer más

CONSORCIO

Compostela prepárase para acoller o Festival de Músicas Contemplativas

30/03/2007

Santiago de Compostela entre o 3 e o 7 de abril a segunda edición do Festival de Músicas Contemplativas, un proxecto organizado polo Consorcio de Santiago e promocionado dende Turismo de Santiago co obxecto de aunar arquitectura e música en relación co patrimonio restaurado e rehabilitado polo propio Consorcio.

Leer más

ALCALDÍA

Aberta a segunda edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego

30/03/2007

O centro comercial Área Central acolle os días 30, 31 de marzo e 1 abril a II Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego. As editoriais galegas Sotelo Blanco Edicións, Baía Edicións e Edicións A Nosa Terra expoñen as súas últimas novidades nesta feira, acompañada de diversas actividades para os rapaces.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Vite repasa a súa historia

30/03/2007

O proxecto "A historia vai por barrios" chegou a Vite, onde xa se pode gozar da mostra e das actividades paralelas que evocan o rico pasado desta zona de Compostela. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición, acollida no Centro Sociocultural "José Saramago".

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O comercio compostelán celebrou a súa gala

30/03/2007

O Auditorio de Galicia acolleu a II Gala do comercio Compostela capital de compras. O evento foi o broche final do programa "Marzo, mes do comercio", organizado polas concellarías de Promoción Económica e Comercio e de Cultura. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu e clausurou esta gala, que fortaleceu os lazos entre os comerciantes da cidade, recoñeceu o seu labor e premiou a súa excelencia.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde anima ás cidades integrantes do proxecto PAGUS-AL a seguir traballando na súa renovación urbana

29/03/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, recibiron aos Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Programa Europeo de Asistencia e Xestión Sostible-América Latina (PAGUS-AL). Asistiron representantes das cidades de Santa Fe (Arxentina), Valparaíso (Chile), Colonia (Uruguai), Juiz de Fora (Brasil) e Narni (Italia).

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

"A historia vai por barrios" chega a Vite

29/03/2007

Despois de San Pedro, A Rocha e Villestro, o programa "A historia vai por barrios" chega agora á zona de Vite e Guadalupe. A exposición será inaugurada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o vindeiro venres 30 de marzo ás 20.00 horas no Centro Sociocultural "José Saramago".

Leer más

PLENO

Aprobado inicialmente o Regulamento para a Casa das Asociacións

29/03/2007

O Pleno da Corporación municipal aprobou inicialmente o Regulamento de funcionamento e xestión da Casa das Asociacións. O documento define o réxime organizativo deste centro, que estará adscrito á Concellaría de Relacións Veciñais e aberto á súa utilización polas diversas asociacións do municipio.

Leer más
Compartir: