PROMOCIÓN ECONÓMICA

Media Lúa Marriquonería faise co premio na edición de primavera de "SCQ Shopping"

31/05/2007

O concelleiro de Promoción Económica e Comercio en funcións, Xosé Manuel Iglesias, presentou aos tres premiados na edición de primavera do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". En primeiro lugar clasificouse a tenda de marroquinería Media Lúa, situada na rúa Travesa, 5. En segundo lugar quedou o establecemento de decoración Andrómenas, ubicado na rúa Doutor Teixeiro, 30. O terceiro lugar ocupouno a galería e tenda de arte Petronio Arte, situada na rúa de San Pedro, 30, e na...

Leer más

MERCADOS

Todo listo para que as obras da Praza de Abastos poidan comezar en 2007

31/05/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, valorou a ratificación polo Consello da Xunta da achega económica da Administración autonómica para as obras da Praza de Abastos. "Autorízase a sinatura do convenio, o que expresa unha vontade pública da Xunta e nun documento do que ata agora era un compromiso de palabra", indicou.

Leer más

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo, satisfeito pola decisión de Fomento de non variar o trazado do AVE ao paso pola mina de Serrabal

31/05/2007

O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción polas verbas da ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, ao confirmar no Congreso dos Deputados que non ser variará o trazado do corredor do AVE entre Santiago e Ourense, no seu paso pola mina de Serrabal (entre Vedra e Boqueixón). Ao seu xuízo "a ministra dixo o que diciamos algún dende hai algún tempo", ao respecto do retraso que produciría o cambio de trazado.

Leer más

AUDITORIO

Frans Brüggen regresa a Santiago para dirixir en dúas ocasións á Real Filharmonía de Galicia

30/05/2007

O director holandés Frans Brüggen e a Real Filharmonía de Galicia únense de novo en dous concertos, prolongando unha colaboración que comezou hai cinco anos. O primeiro dos concertos será o xoves 31 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. A colaboración repetirase unha semana despois. O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, confirmou a súa asistencia a este concerto.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Catro enquisadores percorrerán 2.500 establecementos comerciais e hostaleiros para detectar as necesidades formativas do sector

29/05/2007

O concelleiro en funcións de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, acompañado de responsables das asociacións comerciais de Santiago, presentou a Campaña de sensibilización para a formación destinada a comerciantes e hostaleiros e enmarcada no Plan de Excelencia Comercial. A campaña informará a comerciantes e hostaleiros sobre o Plan de Excelencia Comercial e detectará as necesidades de formación e as carencias do sector.

Leer más

DEPORTES

O deporte federado compostelán repartirase 255.000 euros

29/05/2007

O Goberno local aprobou as bases da convocatoria de subvencións ao deporte federado para o ano 2007. En total repartiranse 255.000 euros, aos que poden acceder os clubs ou entidades deportivas federadas radicadas en Santiago e inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Leer más

DEPORTES

Máis de 120 equipos de catro nacionalidades participarán na Compostela Cup 2007

29/05/2007

A falta de dous días para o peche do prazo de inscrición na Compostela Cup do Camiño 2007, organizada pola Fundación Compostela Deporte, xa se anotaron máis de 120 equipos de catro nacionalidades. Clubs de Alemaña (Werder Bremen e Hannover 96), Suecia (IFK Goteborg), Portugal e España disputarán entre o 25 de xuño e o 8 de xullo a fase final en Santiago.

Leer más
Compartir: