FACENDA
Este venres remata o prazo para cubrir a enquisa dos orzamentos participativos
O Concello de Santiago puxo en marcha a finais do pasado mes unha enquisa para delimitar barrios e parroquias que a veciñanza pode cubrir ata este venres. A enquisa servirá para delimitar os barrios e as parroquias da cidade para crear entre 5 e 8 distritos
ACCIÓN CULTURAL
Máis de 55.000 persoas participaron nas actividades das festas da Ascensión
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, fixo balance en rolda de prensa das Festas da Ascensión 2016, nas que participaron máis de 55.000 persoas.
ACCIÓN CULTURAL
Actividades, obradoiros e unha exposición fotográfica conmemorarán os 25 anos do Centro Sociocultural José Saramago de Vite
O CSC José Saramago de Vite cumpre 25 anos e faino cunha ampla programación para os meses de maio, xuño e xullo. Inaugurado no 1991, foi o primeiro centro sociocultural de Santiago, un lugar de encontro para os veciños e veciñas do barrio e que conseguiu moitos logros e conquistas. Un exemplo é a Biblioteca José Saramago, un espazo singular do barrio que sirve como punto de conexión interxeracional no que participan nenos e nenas, maiores e persoas adultas.
BENESTAR ANIMAL
Traballadores municipais aprenden a afrontar situacións de maltrato animal
Funcionarios do Concello de Santiago participan na Pobra do Caramiñal no curso "Maltrato animal: procedementos policiais e administrativos nos concellos". Trátase dunha actividade organizada pola Deputación da Coruña, a petición do Concello da Pobra, que ten como obxectivo que os traballadores públicos saiban como enfrontarse a situacións de abandono ou malos tratos a animais.
ACCIÓN CULTURAL
Dead Combo, o grupo luso que conquista Hollywood, en concerto en Compostela
Os portugueses Dead Combo chegan mañá mércores a Compostela para dar un concerto ás 20:30 horas no Teatro Principal. Fano despois de conquistar Hollywood, xa que os seus temas "Lisboa mulata" e "Rumbero" foron seleccionados para a banda sonora da película Focus, protagonizada por Will Smith.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde visitou a mesa de colecta da Asociación Española contra o Cancro
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade Social e Saúde, Concha Fernández, visitaron a mesa de colecta da Asociación Española contra o Cancro, situada nesta xornada na sede do Aeroclub na rúa Xeneral Pardiñas.
IGUALDADE
Últimos dous días para preinscribirse no Verán CampUSC 2016
Este mércores, 11 de maio, remata o prazo de inscrición no Verán CampUSC 2016. O venres 13 de maio publicaranse as listas de admitidos e admitidas en cada quenda na web da Fundación USC Deportiva e no seu taboleiro de anuncios. A preinscrición pode realizarase cubrindo o cuestionario establecido a tal efecto na páxina web da Fundación.
CONSORCIO
O 20 de maio remata o prazo para inscribirse no curso de posgrao que permitirá ao alumnado formarse coa Real Filharmonía
Continúa aberto o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2016-2017. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este domingo unha vítima en Zaragoza.
DEPORTE E TURISMO
A carreira nocturna SantYaGo10K supera xa as 1.500 persoas inscritas
SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, que se celebrará o 21 de maio, ás 22:30 horas, polo Casco Histórico da cidade, supera xa as 1.500 persoas inscritas. A organización decidiu manter o prezo reducido de inscrición de seis euros ata o 15 de maio para que a carreira sexa o máis numerosa posible.