CULTURA

Música, humor e teatro na programación cultural desta fin de semana

05/06/2015

Na programación cultural desta fin de semana temos catro eventos de música, humor e teatro. Na xornada do sábado serán tres deles: concerto da Banda Municipal ás 20:00 horas na praza de San Martiño Pinario; espectáculo de humor de Miguel Noguera ás 20:30 horas no Teatro Principal e función de Amor Flexible, por Redrum Teatro ás 21:00 horas no Salón Teatro. Xa o domingo poderemos ver o Pluto, de Aristófanes, dirixido por Magüí Mira e protagonizado por Javier Gurruchaga e Marisol...

Leer más

CULTURA

Redrum Teatro presenta "Amor flexible" dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués

04/06/2015

Os composteláns Redrum Teatro presentan a comedia Amor flexible dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Será este venres, ás 21:00 horas, no Salón Teatro e de novo con función o sábado á mesma hora. As entradas, ademais de co Bono, poden retirarse soas a un prezo de 10 euros. Os lugares de venta son o despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), así coma o Salón Teatro os días de función dende dúas horas e media antes de que comece.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Comeza a I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado dos centros socioculturais

04/06/2015

A rede de centros socioculturais quere facer visible e poñer en valor o traballo dos clubs de teatro que durante este curso participaron da programación regular de actividades. Con este fin, este sábado 6 de xuño, comeza a I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado, que se desenvolverá os sábados deste mes.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía pecha a súa tempada de concertos coa Quinta Sinfonía de Beethoven

04/06/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos, cos que pecha a súa tempada de abono. Esta tarde actuará en Vigo, no Teatro Afundación, ás 20:30 horas. E mañá venres tocará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director titular da agrupación, Paul Daniel. A primeira e a última obra do concerto de Santiago retransmitirase en directo por streaming a través da páxina web da RFG:

Leer más

TURISMO

Turismo promociona a cidade en Francia

04/06/2015

Turismo de Santiago promociona esta semana a cidade directamente no mercado francés con dúas accións complementarias dedicadas a diferentes tipos de públicos. Por unha banda, o Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo da entidade municipal de promoción turística, participa nun Workshop dirixido aos profesionais do sector de xornadas, congresos e incentivos. Por outra, toma parte no I Festival Europeo de Turismo e Estratexia.

Leer más

COMERCIO

Área Central acolle o venres e o sábado o VI Festival de Patchwork de Galicia

04/06/2015

Este venres e o sábado comeza en Área Central o VI Festival de Patchwork de Galicia, un evento organizado pola Asociación Galega de Patchwork (Centón) no que está prevista a participación de máis de 15 postos de casas comerciais relacionadas con esta técnica de costura coa que se poden crear mantas, tapices e colchas a base de retallo doutras telas, creando así fermosas imaxes e auténticas obras de arte. O Concello de Santiago colabora con este evento.

Leer más

CULTURA

A exposición "Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns" atrasa a clausura ata o 14 de xuño

04/06/2015

A exposición Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns, grazas á cal podemos ver no Auditorio de Galicia a obra en papel e cartón do recoñecido artista, atrasa a súa clausura ata o domingo 14 de xuño. Estamos polo tanto ante os últimos días para gozar da obra de Nóvoa e constatar a relevancia que na súa produción ten o gravado nas súas diferentes técnicas.

Leer más

CULTURA

Fred Martins presenta en Compostela o seu último traballo dentro do ciclo Sons’15

04/06/2015

O cantante e compositor brasileiro Fred Martins presenta este venres o seu último traballo, Para além do muro do meu quintal, dentro do ciclo Sons’15. Será ás 21:00 horas no Teatro Principal e as entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.abanca.com e no 902 434 443. O prezo é de 8 euros anticipada, 10 euros o día do concerto e 20 euros a entrada + CD.

Leer más

ALCALDÍA

O Programa Santiago Suma, que pon en marcha un novo catálogo de prestacións e medidas de inclusión social, entrará en vigor na segunda quincena de xuño

03/06/2015

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a ordenanza reguladora do Programa Santiago Suma, que recolle o contido dun novo plan integral que reforza as medidas de inclusión social adoptadas por outras administracións. Inclúese así o novo catálogo de prestacións e medidas, no cal figura, entre outras, a Renda de Solidariedade. Entrará en vigor unha vez transcorran os prazos establecidos na propia ordenanza e na lei Lei 7/85, de 2 de abril, é dicir, a comezos da segunda quincena.

Leer más
Compartir: