TURISMO

Concello, Cámara, Hostalería e AENA crean un grupo de traballo para potenciar o turismo de Santiago de Compostela

06/10/2011

O Pazo de Raxoi acolleu a constitución de "Turismo de Santiago", un grupo de traballo impulsado polo Concello no que participan o propio Concello a través da empresa municipal de promoción turística, Incolsa, a Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación Hostalería Compostela e AENA. Nesta primeira reunión de constitución do grupo participaron a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis; a xerente de Incolsa, Maruxa Ledo; o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; e os...

Leer más

EDUCACIÓN

Máis actividades formativas e divulgativas no novo curso da Escola Municipal de Música

05/10/2011

O concelleiro de Educación, Ángel Currás, presentou a programación da Escola Municipal de Música para este curso 2011-2012. A nova temporada incorpora novas propostas formativas e máis actividades divulgativas, co obxectivo de "facer da Escola un referente" e de reforzar o seu papel "formativo, cultural e de colaboración con outras institucións da cidade".

Leer más

ALCALDÍA

O Concello e Compostela Monumental planifican as actividades do Casco Histórico para os vindeiros meses

04/10/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi coa directiva da Asociación Compostela Monumental, encabezada polo seu presidente, José Manuel Bello. Na reunión, na que tamén participaron as concelleiras Reyes Leis e María Pardo, falaron, entre outras cuestións, das actividades de dinamización do Casco Histórico a desenvolver nos vindeiros meses.

Leer más

CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS

aCentral Folque leva o ensino da música tradicional aos centros socioculturais

04/10/2011

Os centros socioculturais da Trisca e de Pontepedriña acollerán este curso 2011-2012 as clases das ensinanzas que imparte aCentral Folque. Así o confirmaron en rolda de prensa os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Cultura, Ángel Currás, e a coordinadora pedagóxica do centro, Gema Pérez.

Leer más
Compartir: