BENESTAR SOCIAL

Santiago e Cabo Verde achegan as súas voces para promover a igualdade de xéneros

07/06/2006

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade inicia no mes de xuño unha campaña de sensibilización arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. A campaña arrincará en Santiago o 8 de xuño, co terceiro Obxectivo: "Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller", que será exposto e analizado nunha conferencia.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Innovar para vender

06/06/2006

O concurso I+C (Innovación máis Comercio) premiará a aquel establecemento comercial da cidade que máis destaque pola súa orixinalidade, ambientación, eficacia e innovación na visualización da súa oferta. Esta iniciativa, presentada polo concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, quere contribuír a seguir optimizando a imaxe do comercio compostelán.

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

O departamento de Seguridade publica as normas para as fogueiras de San Xoán

06/06/2006

As cacharelas da noite do 23 de xuño terán que ter unha separación mínima de 12 metros respecto a edificios e árbores, e o seu volume de combustible non poderá superar nin os 8 metros de perímetros nin os tres de altura. Estas son algunhas das normas de obrigado cumprimento que, como cada ano, impón o departamento de Seguridade Cidadá do Concello de Santiago para aqueles grupos, asociacións ou colectivos que queiran organizar as tradicionais fogueiras na noite do 23 de xuño.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

Asinados varios convenios con entidades sociais para o desenvolvemento das súas actividades

05/06/2006

A Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual (ASPAS), a Asociación galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer (AGADEA), a Asociación "Voluntarias de la Caridad" de San Vicente de Paul e a Asociación Chavos) recibirán do Concello de Santiago unha cantidade de 3.000 euros cada unha, para o desenvolvemento dos seus fins sociais. Istó será posible en virtude do convenio dos respectivos convenios de colaboración asinados polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cos...

Leer más

VIVENDA

Marrozos acolle un novo e singular concepto de espazo habitable

05/06/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na presentación do proxecto arquitectónico "Novos Espazos Habitables", unha singular proposta que pretende aproveitar os contedores de transportes marítimos para convertelos en vivendas ou oficinas. A Decoita, en Marrozos, foi o lugar elixido para depositar por en marcha estas construcións, que conxugan a estética contemporánea coa funcionalidade e a integración ambiental.

Leer más

FEIRA

Libros de ocasión na Alameda

03/06/2006

O Paseo Central da Alameda compostelá acolle unha nova edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión. O evento foi inaugurado polo alcalde de Santiago, Xosé A.Sánchez Bugallo, que aproveitou para percorrer as distintas casetas.

Leer más

EDUCACIÓN

Premios para os novos valores da literatura galega

02/06/2006

Os máis novos escritores galegos recibiron os premios do XI Concurso Literario Ánxel Casal, nun acto celebrado no Auditorio de Galicia. Ante profesores e compañeiros de instituto, as gañadoras –todas eran mulleres- recolleron os galardóns cos que se premiaban as mellores obras nas modalidades de poesía, conto e teatro.

Leer más
Compartir: