CONSORCIO
O Consorcio restaura o retablo da Virxe da Dolorosa da igrexa de San Miguel dos Agros, cun orzamento de 35.970 euros
O Consorcio de Santiago vén de restaurar o retablo da Virxe da Dolorosa da igrexa de San Miguel dos Agros, situada na praza homónima. O proceso de recuperación deste ben realizouno a empresa Techné, Conservación e Restauración de Bens Culturais, S. C., cun orzamento global de 35.969,67 euros.
DEPORTES
Compostela será saída e meta da última etapa da Volta Ciclista a Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou a que será a cuarta e última etapa da XVI Volta Ciclista a Galicia o vindeiro domingo 17 de setembro. O percorrido desta etapa desenvolverase na contorna da cidade de Santiago, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I.
DEPORTE
A VI edición do CorreSan arranca este sábado coa proba nocturna polas rúas da cidade histórica
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este martes a VI edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. O CorreSan 2017, que ten como lema "Non é unha tolemia, é unha paixón", contará con catro probas. A primeira será este mesmo sábado, 16 de setembro, co percorrido nocturno pola cidade histórica.
MEDIO AMBIENTE
Concello e Santiago Futsal colaboran nunha campaña para animar á reciclaxe
Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro, e de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente do Santiago Futsal, Ramón García, presentaron unha nova campaña de fomento da reciclaxe na que colaboran o Concello e o club compostelán. O equipo levará o lema "O Santiago Futsal recicla" durante esta tempada 2017-2018.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acolle a estrea de "A canción do elefante", de Redrum Teatro
Do mércores 13 ao sábado 16 de setembro, ás 20:30 horas., a compañía Redrum Teatro estrea en Compostela a súa nova produción teatral. A canción do elefante é un thriller de corte psicolóxico, inspirado na obra orixinal The elephant song, do canadense Nicholas Billon. Álex Sampayo dirixe unha peza desacougante e precisa, cunha traballada construción dos personaxes ás que poñen corpo e voz Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez.
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto trae a Galicia á lendaria banda alemá faUSt
FaUSt actuará este outono en Compostela dentro da programación de concertos de Curtocircuíto, da que tamén forman parte o músico e performer francés Álex Augier, os norteamericanos Horse Lords e os live sets de Ricardo Remédio e Álex Silva, entre outros. O festival reforza así a súa proposta de marcado carácter interdisciplinario, cunha oferta musical que xa acolleu en edicións anteriores bandas internacionais como Moon Duo, Peter Broderick, Sensible Soccers, The Cosmic Dead, Toy.../em>
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Comeza o curso escolar con normalidade para arredor de 7.000 escolares
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, inauguraron esta mañá o curso escolar nos centros de educación infantil e primaria López Ferreiro e Lamas de Abade. No primeiro dos colexios estiveron tamén o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director territorial de Educación da Xunta de Galicia, Xesús Oitavén.
ACCIÓN CULTURAL
As tradicións francesa, alemá e eslava protagonizan a XVIII edición do Ciclo de Lied
"Cantigas de outono" é o título da XVIII edición do Ciclo de Lied, que se celebra este mes de setembro en Compostela e na que o Concello conta, unha vez máis, coa colaboración da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago e a Deputación da Coruña. O certame inclúe tres concertos, os días 18, 25 e 26 de setembro, todos eles ás 20:30 horas no Teatro Principal. As entradas para cada un dos recitais teñen un prezo de 8 euros (cos descontos habituais) e o custo do abono do ciclo completo é de...
CONSORCIO
O Consorcio destinará 150.000 euros en axudas para realizar obras no exterior dos edificios da cidade histórica
O Consorcio de Santiago aprobou unha orde de axudas do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, por un importe global de 150.000 euros. Esta subvención abrangue as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da...
CONSORCIO
A Real Filharmonía celebra esta semana tres concertos nos centros socioculturais e un na Praza de Abastos
A Real Filharmonía de Galicia vai celebrar esta semana tres concertos nos centros
socioculturais de Santa Marta, Vite e Fontiñas e un na Praza de Abastos. Estas actuacións, que serán gratuítas ata completar o aforo, buscan achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. As citas serán o mércores 13 en Santa Marta (Sala Agustín Magán), o xoves 14 en Vite e o venres 15 en Fontiñas, todas elas ás 20:00 horas. Ademais, o venres, ás 13:00 horas, a nave 5 da Praza de Abastos...