ALCALDÍA
Asinado o convenio marco para o desenvolvemento da estación intermodal
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de sinatura do Convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Fomento, a Xunta, o Concello de Santiago e Adif para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Compostela e o seu contorno urbano. O texto ten como obxectivo establecer o marco xeral, as pautas e a metodoloxía que deben regular as relacións entre as distintas administracións para a execución da nova infraestrutura. O convenio foi asinado pola ministra de Fomento, Ana Pastor; as conselleiras de...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica a obra de eliminación de humidades na escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de eliminación de humidades que afectan á escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego. A empresa beneficiaria deste contrato é Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L. O orzamento global desta intervención ascenderá aos 44.165 euros.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Concellaría de Educación e Cidadanía celebra o Día Europeo da Música con actividades e concertos nas prazas da cidade
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá a programación elaborada polo Departamento de Educación e Cidadanía para conmemorar o Día Europeo da Música. Manuel Dios estivo acompañado na rolda da concelleira de Cultura e Xuventude de Rianxo, Raquel García; do concelleiro do ramo de Vedra, Enrique Vázquez; e do director da Escola Municipal de Música da Coruña, José Antonio Acuña.
ALCALDÍA E EMPREGO
O alcalde visita a Feira de Innovación para o Emprego, na que se xestionan 142 ofertas
Durante dúas xornadas (15 e 16 de xuño) o Palacio de Congresos acolle o FIE 2016, a Feira de Innovación para o Emprego, organizada pola Concellería de Desenvolvemento Económico co obxectivo de dotar de ferramentas e recursos 2.0 ás persoas participantes.
ACCIÓN CULTURAL
Novo ciclo de Acción Cultural coa proxección de óperas do Festival Aix-en-Provence
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e a directora-xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, presentaron esta mañá un novo ciclo que recolle a proxección de óperas gravadas no Festival Aix-en-Provence. O ciclo desenvolverase na Sala Mozart do Auditorio de Galicia os martes dende o 21 de xuño ao 19 de xullo, ás 20:00 horas e con entrada libre ata completar aforo.
ALCALDÍA
Recepción ao triatleta Antón Ruanova
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o triatleta compostelán Antón Ruanova, a quen felicitou polos éxitos na súa volta á máxima competición. No acto, celebrado no Salón Nobre de Raxoi, participaron tamén representantes dos catro grupos municipais.
IGUALDADE
Marta Lois asistiu á apertura das xornadas "Mulleres universitarias e empresarias. Mulleres que coa ciencia crean empresas"
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, participou esta mañá na inauguración das Xornadas Formativas de Verán "Mulleres universitarias e empresarias. Mulleres que coa ciencia crean empresas", xunto ao reitor da USC, Juan Viaño; o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; e a directora do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, Rosa Urbón.
CONCENTRACIÓN
Minuto de silencio na praza do Obradoiro polo atentado en Orlando
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración na que se gardou un minuto de silencio polos feitos acontecidos na cidade estadounidense de Orlando..
POLÍTICAS SOCIAIS
"Os bicos dos refuxiados", o novo proxecto fotográfico de Gabriel Tizón, chega á praza Roxa neste mes de xuño
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa a nova exposición de Gabriel Tizón, que estará durante todo o mes de xuño na praza Roxa. Na rolda estivo acompañada do fotógrafo galego.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago comprométese a traballar para situar as linguas de signos en todas as esferas da vida da cidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu lectura á declaración institucional do Concello de Santiago con motivo da celebración do Día da Lingua de Signos Española. No acto tamén participaron outros integrantes da Corporación e o secretario xeral da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, Eduardo Bermúdez.