FESTAS
Máis de 250 persoas de todas as idades participarán no Día do Traxe Galego
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes; e unha colaboradora da asociación, Concha Losada, presentaron en rolda de prensa a trixésima primeira edición do Día do Traxe Galego. Celebrarase, no marco das Festas do Apóstolo, o domingo 26 de xullo.
TRANSPORTES
O Concello e TUSSA promoven o uso dos alcoholímetros nos aparcadoiros municipais de Xoán XXIII e Belvís
O Concello de Santiago e a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) iniciaron en xullo de 2008 a campaña Se bebes, déixao. Aproveitando este mes de festas e celebracións, queren recordar que os usuarios dos aparcadoiros municipais de Belvís e Xoán XXIII teñen á súa disposición dous alcoholímetros.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Últimos días para apuntarse no campamento "AnimaLingua"
O venres 24 de xullo remata o prazo para anotarse no campamento AnimaLingua, que se realizará na Granxa Escola da Fervenza do Toxa, en Silleda, do 17 ao 26 de agosto. Ata 30 nenos e nenas de entre 8 e 11 anos (a idade é flexible) poderán participar nesta actividade, co obxectivo de que se expresen en galego ao tempo que coñecen o funcionamento dunha granxa ou se inician nas tarefas propias dunha hora ou dun invernadoiro.
MEDIO AMBIENTE
O parque de San Lázaro conta xa cunha nova zona lecer e xogos infantis
Inaugurouse no parque de San Lázaro a súa nova área recreativa con parque infantil, construída no marco dos Fondos FIL. A zona acondicionada está situada na parte máis occidental do parque, na esquina da rúa Clemente Fernández Sarela e da avenida de Fernando de Casas Novoa.
COMERCIO
Entregadas as bandas aos gañadores da edición de verán do Concurso de Escaparatismo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou as bandas de escaparatismo aos tres premiados na edición de verán do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping: a tenda de doces Pecados de Compostela, Óptica Pontecastro e Sistemas de Seguridade A-1. O obxectivo do certame, dirixido a todos os comercios da cidade, é contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
TURISMO
Os "Chaquetas Vermellas" regresan ás rúas
Turismo de Santiago, co obxectivo de prestar un servizo de información turística máis áxil e eficaz, pon en funcionamento un ano máis a un grupo de voluntarios, denominado "Chaquetas Vermellas" polo seu vistoso uniforme. Estará en funcionamento entre o 20 de xullo e o 31 de agosto, na temporada alta turística.
ALCALDÍA
O novo aparcadoiro do Hospital Clínico abre ao público con 402 prazas de estacionamento
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o novo aparcadoiro da Choupana, con motivo da súa posta en funcionamento. Este estacionamento, que dará servizo aos usuarios do Hospital Clínico, abre ao público con 402 prazas.
FESTAS
Oito agrupacións folclóricas inundarán a Quintana de muiñeiras durante a fin de semana
Como é tradicional, dentro do marco das Festas do Apóstolo inclúense as Xornadas de Folclore Galego, que se celebran en dúas quendas: o sábado 18 sábado e o domingo 19 a partir das 22:00 horas. Este evento cultural, que este ano cumpre a súa XXXXI edición, está xa asentado na cidade e pretende atraer aos grupos máis representativos do folclore tradicional galego.
TURISMO
O concelleiro de Turismo di que o reparto proposto pola Xunta para os aeroportos sería un "desastre" para sector turístico galego
O reparto de subvencións proposto pola Xunta para a promoción das liñas aéreas de baixo custo entre os tres aeroportos galegos sería un "desastre" para o sector turístico de Galicia, sinalou o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias. Así, reclamou que "non se modifique un modelo de subvencións que demostrou a súa rendibilidade para Santiago e para Galicia".
ALCALDÍA
Os concellos de Santiago, Lugo e A Coruña selan o "triángulo máxico" do turismo mundial galego
Os alcaldes das cidades de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; Lugo, José López Orozco; A Coruña, Javier Losada; e o Cebreiro, José Luis Raposo, percorreron cinco quilómetros do Camiño de Santiago, cos que selaron o "triángulo máxico" do turismo mundial galego, co obxectivo de "ser patrimonio mundial da paz, da convivencia e do encontro".