ALCALDÍA
Cogami premia ao Concello de Santiago polo seu labor en prol da accesibilidade
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cogami, celebrou o seu vinte aniversario. Unhas 1.000 persoas participaron nun acto, celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións, no que se entregaron diversas distincións. Unha delas foi para o Concello de Santiago, polo seu labor en prol da accesibilidade.
ALCALDÍA
Santiago acolle o X Congreso Internacional de Postulantes Europeos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración do X Congreso Internacional de Postulantes Europeos, que se celebra no Palacio de Congresos do 15 ao 17 de outubro. O evento foi aberto polo ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.
CULTURA
Talía Teatro estrea "Volpone" no Principal
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou a nova estrea de Talía Teatro, que presentará ao público no Teatro Principal un clásico, Volpone.
SANIDADE
O Refuxio de Bando rexistrou 1.002 entradas e 857 saídas nos primeiros nove meses do ano
De xaneiro a setembro, o Refuxio de Animais de Bando rexistrou 1.002 ingresos e 857 saídas de animais. Sumado o balance de entradas e saídas de 2010 (145), cos animais rexistrados en 2009, o centro ten rexistrados a día de hoxe (sen contabilizar os datos de outubro) 706 animais, dos que 553 son residentes, 116 están en acollida temporal ou definitiva e outros 37 están en trámites de adopción fora do centro. O Refuxio de Animais está xestionado pola Fundación do mesmo nome da que, ademais de Santiago, forman parte os municipios de...
MEDIO AMBIENTE E TURISMO
Santiago é unha das cidades protagonistas do libro "Patrimonio natural, ciudades patrimonio de la humanidad"
A Comisión do Medio Ambiente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España aprobou xa a proposta de maqueta do libro-dvd Patrimonio Natural, Ciudades patrimonio de la humanidad, presentada pola editorial compostelá Alvarellos Editora. No capítulo individual que se corresponde con Santiago de Compostela, os textos son da autoría de Marilar Aleixandre e as fotografías de Fuco Reyes.
BENESTAR SOCIAL
Unha nova guía informa dos recursos do barrio aos veciños das Fontiñas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou a guía As Fontiñas, entidades de servizo á cidadanía aos veciños e veciñas da zona, nun acto celebrado no Centro Sociocultural. A publicación informa da oferta de servizos, recursos e actividades das que dispoñen os habitantes do barrio das Fontiñas e que poden resultar de interese para a súa vida cotiá. Horas antes, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentara a publicación aos medios de...
TURISMO
O "Camiño sen Fronteiras" percorrerá 53 países entre os Anos Santos 2010 e 2021
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, despediu a Peré Augstí e Xosé Luís Mesa na praza do Obradoiro, onde comezaron a súa aventura que os levará nos próximos 11 anos a percorrer o mundo promovendo os valores do Camiño de Santiago, para acabar regresando a Santiago de Compostela no vindeiro Ano Santo.
XUNTA DE GOBERNO
As taxas para 2011 permanecerán invariables, agás as de obrigada actualización por contrato
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de modificación das ordenanzas fiscais correspondentes ás taxas de saneamento, auga, ORA e grúa. As actualizacións correspóndense co fixado nos propios contratos coas empresas adxudicatarias dos servizos e respondendo á suba do IPC. O resto de ingresos públicos non sufrirán ningunha variación en 2011.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica e Caixa Galicia organizan un curso para formar a persoas emprendedoras
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e Caixa Galicia organizan o curso gratuíto Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito. A acción formativa enmárcase no Servizo de Apoio á Empresa.
CONSORCIO
O Compostela Organum Festival continúa con novas propostas para o patrimonio
Tras a boa acollida por parte do público dos concertos do Compostela Organum Festival celebrados no meses de maio e agosto, o festival seguirá a partir do 16 de outubro co ciclo de outono, como unha forma de dinamizar o patrimonio histórico de Compostela.