CULTURA

Berrogüetto "10.0": dez anos de experiencias musicais en Santiago de Compostela

21/06/2006

A xira de presentación de "10.0", de Berrogüetto, chega a Santiago de Compostela o xoves 22 de xuño. O grupo fará un percorrido por toda a súa traxectoria nun espectáculo que comezará ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia, no que estarán acompañados do cantante Xavier Díaz, Trabón, os bailaríns Serxio Cobos e Cristina Nogueira e o videoartista Marcos Mosquera. O concerto terá tamén un carácter solidario, para axudar aos tres veciños condenados do Eixo.

Leer más

TUSSA

Pecha definitivamente o aparcadoiro municipal de Cornes

21/06/2006

O vindeiro sábado 24 de xuño será o último día de apertura do aparcadoiro municipal de Cornes. Este espazo fora inaugurado no 2001 cun carácter provisorio, mentres non se iniciaba a urbanización do polígono 1 SUP-2 de Cornes na antiga estación de ferrocarril. Agora que se van iniciar as actuacións urbanísticas nesta zona, o aparcadoiro desaparece.

Leer más

EDUCACIÓN

Nenos de ata 3 anos aprenden as súas primeiras nocións de educación viaria

20/06/2006

A Concellaría de Educación e Mocidade, en colaboración cos servizos de seguridade da cidade, pon en marcha "Escola de Min" un proxecto experimental de educación viaria para os máis pequenos na Escola Infantil Municipal de Conxo. A actividade, que se desenvolverá o martes 20 de xuño, consiste na instalación dun Parque Infantil de Tráfico adaptado a idade destes nenos e nenas (0-3 anos) e participación nas actividades que alí organizan. Os escolares poden simular unha serie de condutas propias do seu...

Leer más

FUNDACIÓN GRANELL

Invitación á experiencia poética a través dos obxectos

20/06/2006

O comisario Eugenio Castro, artista do grupo surrealista madrileño e crítico de arte, trae á Fundación Granell a exposición colectiva "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". A mostra invita a ter "unha vivencia inédita do sensible a través da experiencia poética: atopar a beleza, e a dimensión poética en todo aquilo que nos rodea, mesmo no máis insignificante –os obxectos abandonamos á súa sorte á intemperie". Estará aberta do 22 de xuño...

Leer más

CULTURA E CASCO HISTÓRICO

Santiago únese un ano máis ao Día Europeo da Música

20/06/2006

As prazas de Praterías e do Toural e o Casino de Santiago acollerán os actos cos que se conmemora o Día Europeo da Música o mércores 21 de xuño. É o quinto ano no que Compostela se une a esta celebración, que pretende achegar a música a tódolos públicos nun ambiente único como é o do casco histórico.

Leer más

CASCO HISTÓRICO

Concello e Consorcio abren a xanela única de información e tramitación de axudas á rehabilitación

20/06/2006

A delegación da Oficina da Cidade Histórica e de Rehabilitación (OCiHR) abre as súas portas no baixo da sé do Consorcio co propósito de relanzar as políticas de recuperación da zona vella. Ademais tramitará e dará apoio técnico a tódolos proxectos que teñan como característica común o seu vencello coa área de protección especial do casco vello.

Leer más

PLENO MUNICIPAL

O Concello de Santiago solicita o indulto para os tres veciños do Eixo

19/06/2006

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade a declaración institucional pola que se solicita o indulto para Jesús Montoiro, José Moreira e Simón Márquez. Estes tres veciños do barrio do Eixo foran condenados a sete anos de cárcere cada un e a unha indemnización conxunta de 156.620 euros, polas lesións a un policía nacional durante unha manifestación en xullo de 1998.

Leer más

URBANISMO

Aprobado o proxecto de urbanización das Cancelas

19/06/2006

A Xunta de Goberno local aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do solo SUNP-4, Camiño Francés-As Cancelas, onde se construirá unha gran superficie comercial, ademais de vivendas. O proxecto será agora sometido a exposición pública e, concluído o proceso de alegacións, será sometido á aprobación definitiva. Deste xeito, as obras poderían comezar no último trimestre deste ano e estar rematadas a finais de 2008.

Leer más

CULTURA

Compromiso co traxe galego

19/06/2006

A Concellaría de Cultura vén de renovar o seu compromiso coa Asociación do Traxe Galego, grazas a un convenio polo que recibirá 4.000 euros para financiar as súas actividades. Aséntase así a colaboración cunha entidade que realiza un labor entusiasta en prol da recuperación e promoción do traxe tradicional galego. O acordo foi asinado polo responsable de Cultura, Néstor Rego, e pola presidenta da Asociación, Pilar Domínguez.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Comeza a campaña "Reciclar querendo"

17/06/2006

Na tarde do venres 17, Área Central acolleu a primeira actuación na rúa da campaña "Reciclar querendo" promovida pola Concellería de Medio Ambiente para sensibilizar a rapaces e adultos sobre a correcta xestión do lixo. A iniciativa contaba con obradoiros de reutilización e reciclaxe de residuos domésticos nos cales os rapaces fan distintos obxectos con materiais de refugallo, así como xogos, un mimo e informadores que trataban de concienciar ós veciños e veciñas que percorrían este centro...

Leer más
Compartir: