EMPREGO
O Servizo Local de Emprego atendeu máis de 7.500 consultas en 2009
O Servizo Local de Emprego, situado nas oficinas que a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo ten na rúa do Hórreo, 100, atendeu 7.541 consultas no ano 2009. Destas, 4.510 consultas (59,8%), realizáronas mulleres, e 3.031 (40,2%) homes.
PLENO
Designados polo Pleno os dous representantes municipais na Asemblea Xeral de Caixa Galicia
Nunha sesión extraordinaria do Pleno, a Corporación elixiu por unanimidade os dous representantes municipais na Asemblea Xeral de Caixa Galicia. Os dous elixidos foron Francisco Reyes Santiás, a proposta do PSOE, e Isidro Parga Menéndez-Manjón, a proposta do PP.
ALCALDÍA
A cidade sinte o Xacobeo Lobelle coma o verdadeiro campión da Copa
O Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago foi recibido pola Corporación municipal, un día despois de obter o subcampionato da Copa de España de Fútbol Sala. O acto foi unha sentida homenaxe ao club compostelán, ao que o alcalde compostelán considerou o verdadeiro campión, por merecementos, do torneo.
TURISMO
A Novena Gastronómica leva a cociña vangardista do Grupo Nove ás tascas
O domingo 21 de febreiro, dentro do Fórum Gastronómico Santiago 2010, 18 cociñeiros do Grupo Nove presentarán as súas creacións en nove bares e tascas populares da cidade.
ALCALDÍA
Caramoniña une o parque de Bonaval coa extensión da cidade cara o norte
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a conexión da rúa Escultor Asorey e a ruela da Caramoniña con San Domingos de Bonaval. Esta actuación permitiu conectar funcionalmente e estéticamente o parque e a extensión da cidade cara o norte a través da Almáciga.
FESTAS
Os pregoeiros de Teatro en Punto gañan o favor do público do Toural cun orixinal espectáculo cómico
O Antroido de Santiago de Compostela comezou cunha programación repleta de música e diversión da man de dúas das comparsas con máis historia da cidade, Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño, que coas súas orixinais chirigotas fixeron rir a todos os que paseaban polas rúas. Nesta xornada, as actividades concentráronse na cidade monumental, onde se instalaron dende a mañá obradoiros de maquillaxe, disfraces e máscaras para que os rapaces, cos consellos de profesionais, aprendan novas...
DEPORTES
Santiago pásalle a Segovia o testemuño da Copa de España de Fútbol Sala
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cedeulle simbólicamente ao alcalde de Segovia, Pedro Arahuetes, o testemuño da organización da Copa de España de Fútbol Sala. No acto tamén participaron o presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, e os concelleiros de Deportes de ambas cidades, Bernardino Rama e Javier Arranz.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
"Namórate da lingua" promove a afectividade dos escolares co galego
A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, presentou unha nova campaña de promoción do uso da lingua galega, que un ano máis aproveita a data de San Valentín (14 de febreiro) para fomentar relacións afectivas cara o idioma. Namórate da lingua é o título desta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO. Haberá premios para as mensaxes máis orixinais e creativas.
ALCALDÍA
O alcalde cualifica os datos turísticos de xaneiro como "nada satisfactorios, pero tampouco imprevistos"
Para o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, os indicadores de xaneiro do aeroporto e de ocupación hoteleira están "por debaixo de calquera expectativa" dun Xacobeo. Tras xulgalos como "atípicos" en relación a outros Anos Santos, cualificou estes datos como "nada satisfactorios, pero tampouco imprevistos".
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reuniuse coa nova consulesa de Uruguai en Galicia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a nova consulesa de Uruguai en Galicia, Marta Echarte Paraibaz.