TURISMO
A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago valora a solidez que segue mantendo a ruta, a pesar do descenso no número de peregrinos
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asistiu hoxe, a través de videoconferencia, á Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, na que se constatou, segundo explicou, "a notable reducción" no número de peregrinos a causa do confinamento e da crise sanitaria. Aínda así, valorouse "a consistencia" e solidez que siguen mantendo as rutas xacobeas plasmada "nesa recuperación que tivo nos meses de xullo, agosto, e tamén no mes de setembro".
ACCIÓN CULTURAL
Unha quincena de artistas actuarán no festival maré, que "renace" en Santiago do 24 ao 27 de setembro
O festival de música e artes atlánticas maré presentou esta mañá en rolda de prensa no Hotel NH de Santiago de Compostela a primeira edición dunha nova etapa en Compostela tras a experiencia de 15 anos de Cantos na Maré en Pontevedra. Nesta edición condicionada pola pandemia, o festival celebrarase do 24 ao 27 de setembro, incluirá unha ducia de eventos e contará coa participación dunha quincena de artistas. Na rolda participou a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.
ALCALDÍA
O alcalde e a conselleira de Infraestruturas supervisan as obras do Camiño na contorna da Capela de San Marcos e na baixada do Monte do Gozo
Xosé Sánchez Bugallo e Ethel Vázquez, acompañados polos concelleiros José Antonio Constenla (PP), Jorge Duarte (CA) e Goretti Sanmartín (BNG), visitaron esta mañá as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño de Santiago na contorna do Monte do Gozo, que se atopan ao 98% da súa execución, a falta só dos remates de xardinería e pintura.
MOBILIDADE
Recoñecemento aos medios de transporte máis sostibles
Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, representantes do Concello de Santiago e da sociedade civil galega percorreron un mesmo itinerario da cidade con distintos medios de transporte para comparar a súa sostibilidade
ACCIÓN CULTURAL
O Festival de poesía Alguén que respira! reunirá a máis de corenta artistas do 19 ao 21 de setembro
O acontecemento da poesía que cada ano acolle o Teatro Principal de Santiago de Compostela, reunirá a máis de corenta artistas desde o 19 ao 21 de setembro, cun programa que este ano aposta por visibilizar a cultura. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou o festival en rolda de prensa xunto co director do mesmo, Antón Lopo, que coordina un equipo formado por Manuel Martínez no deseño, Baltasar Patiño na iluminación, Cecilia Carballido na produción, Iris Cochón na coordinación...
COMERCIO
O Concello completa as opcións de comercio seguro para o comercio local cun selo propio a través da certificadora internacional SGS
Douscentos establecementos da cidade poderán obter o selo sen ningún tipo de custe para eles. A adhesión a esta campaña municipal suporá tamén unha importante vantaxe para os comercios adheridos, xa que a primeira renovación terá só un custo de 50 euros máis IVE.
ALCALDÍA
As cidades do Eixo Atlántico reivindican o seu protagonismo na reconstrución post-COVID
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na Conferencia de Presidentes do Eixo Atlántico, celebrada en Pontevedra, onde se reivindicou unanimemente o papel determinante que as cidades e os concellos desempeñaron durante a pandemia, cubrindo cos seus propios recursos os déficits doutras administración, dende os aspectos sociais e sanitarios de maior urxencia, incluíndo os educativos, ata os aspectos culturais e de motivación da poboación para resistir o confinamento.
MOBILIDADE
Roteiro para poñer proba a sostibilidade dos diferentes medios de transporte
Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e representantes da sociedade civil galega percorrerán Compostela en diferentes medios de transporte. O percorrido servirá para comparar a sostibilidade do bus urbano, do coche eléctrico, do patinete eléctrico e de camiñar en termos enerxéticos, de emisións de CO2 e de aforro económico.
ACCIÓN CULTURAL
A Real Filharmonía de Galicia presenta a nova temporada 2020-2021, na que se conmemora o seu 25º aniversario, co lema "Emocións naturais"
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada 2020-2021, que estará marcada pola celebración do seu 25º aniversario. Asistiron a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón -en representación do alcalde e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo-; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín...
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago anima a cidadanía a combater o discurso do odio agravado pola pandemia
A Coordinadra Galega de ONGD e a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) idearon a campaña "Protéxete contra o racismo" que hoxe se espalla pola cidade.