PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nace a primeira empresa no marco do Equal Compostela Social
O Atelier de Moda "Belén Mosquera" é a primeira empresa nacida a partir do Proxecto Equal Compostela Social, unha iniciativa que comezou a funcionar o pasado mes de febreiro e da que se agarda que saian unhas 50 empresas. A empresa botará a andar a vindeira semana e ten o seu local na Fonte de San Miguel.
FESTAS
Novos concursos de andadura tradicional galega na Feira Cabalar da Ascensión
As novas probas de andadura tradicional galega e un espectáculo de doma de alta escola son dúas das principias atraccións dunha nova edición Feira Cabalar da Ascensión. Coma nos últimos anos, o Mercado Nacional de Gando, en Amio, acollerá este evento, convertido xa nun clásico das festas.
MULLER
Recepción ás mulleres da asociación "Gizatiar"
Un grupo de 36 mulleres da Asociación Sociocultural de Mulleres de Romo "Gizatiar", procedente do municipio vasco de Getxo, foi recibido pola concelleira da Muller, Adelaida Negreira, na Casa do Concello. A recepción formaba parte dun encontro que permitiu a estas mulleres compartir experiencias e información con colectivos semellantes de Santiago.
MOCIDADE
Os mozos que practiquen o "condutor alternativo" terán premio
Durante a noite do xoves 18 de maio, a Fundación Alcohol e Sociedade premiará a aqueles mozos que practiquen o condutor alternativo durante unha acción que se desenvolverá nunha zona de ocio da cidade. Deste xeito, pretende concienciar aos condutores do perigoso que resulta combinar alcohol e condución, ofrecéndolles esta solución práctica.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Primeira homenaxe a Manuel Lugris Freire
Diversos representantes da cultura, empresarios, mestres, funcionarios e colectivos composteláns foron recibidos pola corporación municipal na Casa do Concello, con motivo do inicio dos actos do Día das Letras Galegas.
EDUCACIÓN
Encontro dos máis pequenos cun músico de instrumentos tradicionais
Dentro das actividades previstas con motivo das Letras Galegas, a Escola Infantil Municipal de Conxo organizou un encontro cun artesán e músico de instrumentos tradicionais, Lois Mouriño.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade en Shanghai, Cantón e Pekín
Ata o 20 de xuño a empresa municipal de Turismo participa nas xornadas de comercialización organizadas por Turespaña nas tres principais urbes chinesas, nas que contactará con axentes de viaxe e xornalistas.
MULLER
A asociación de mulleres "Gizatiar" visita Santiago para coñecer as políticas de igualdade do Concello
A Asociación Sociocultural de Mulleres de Romo "Gizatiar", procedentes do municipio vasco de Getxo, visitarán maña 16 de maio a cidade de Santiago. O obxectivo desta viaxe é coñecer e aproximarse ás políticas de igualdade que se están a levar a cabo dende o Concello de Santiago e compartir experiencias e información con outras asociacións e colectivos da muller da cidade.
FESTAS
Os maiores xa poden mercar a entrada para a súa festa
Un ano máis, as Festas da Ascensión serán o marco para o encontro dos máis veteranos veciños da cidade, que celebrarán a Festa dos Maiores o vindeiro sábado 27 de maio. O recinto feiral de Amio acollerá novamente esta celebración, que cumpre a súa oitava edición e na que participaron arredor de dúas mil persoas maiores o pasado ano.
URBANISMO
A Cidade da Imaxe, máis preto
A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou provisionalmente o Plan de Sectorización dos terreos onde se situará a Cidade da Imaxe, en San Marcos. Este proxecto afectará a preto de 500.000 metros cadrados, dos que 240.000 serán edificables.