PROMOCIÓN ECONÓMICA

Aberta a cuarta fase do proxecto Equal Compostela Social

25/01/2007

Na Aula de Formación da Cámara de Comercio, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, inaugurou a cuarta fase do proxecto Equal Compostela Social. Deste xeito, abriuse o Curso de xestión empresarial, co que comezaba as actividades formativas do programa. Están dirixidas a colectivos de difícil inserción laboral, como mulleres, mozos, inmigrantes, emigrantes retornados ou desempregados de longa duración que desexen crear a súa propia empresa.

Leer más

PLENO

Xaquín Fernández Leiceaga e Luis Toxo formalizaron a súa marcha do Concello

25/01/2007

Os ata agora concelleiros de Facenda e Transportes, Xaquín Fernández Leiceaga, e de Urbanismo, Luis Toxo Ramallo, formalizaron a renuncia ás súas actas de edís na sesión do Pleno municipal. Atrás queda unha longa traxectoria de ambos, que deixan as súas responsabilidades municipais para dedicarse aos seus labores como deputados autonómicos.

Leer más

EDUCACIÓN

Compostela únese ás celebracións internacionais pola paz

24/01/2007

Coincidindo co 30 de xaneiro, no que se conmemora o Día Mundial pola Paz, a Concellaría de Educación e Mocidade organiza o VIII Foro de encontro das Organizacións Non Gobernamentais. Celebrarase o sábado 27 de xaneiro no centro comercial Área Central, onde as ONGs darán a coñecer á cidadanía compostelá os seus materiais didácticos, proxectos e produtos de comercio xusto, entre outras iniciativas.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A metade dos participantes no Proxecto Crear xa se insertaron laboralmente

24/01/2007

Un total de 51 persoas, 24 mulleres e 27 homes, accederon ao mercado laboral a través do Proxecto Crear III, que comezou a súa andadura o 1 de xuño de 2006 e remata o 31 de maio deste ano. No programa, desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica e no que colaboran o resto de municipios da comarca compostelá, participan 100 usuarios. 61 deles son mulleres e os outros 39 homes.

Leer más

DEPORTES

Un millón de persoas pasaron polo Multiusos de Sar e polo Pavillón de Santa Isabel en 2006

24/01/2007

Ata un millón de persoas pasaron durante o 2006 polo Pavillón Mulitusos Fontes do Sar e máis polo de Santa Isabel. Ademais de acoller eventos relacionados co deporte, o recinto foi escenario de eventos musicais como a ópera Carmina Burana ou o festival de hip hop Microfest. Para facer balance do ano estiveron en Fontes do Sar o concelleiro de Deportes, Manuel Portas, e o xerente do Multiusos, Santiago Cuadrado.

Leer más

CULTURA

A batuta de Juanjo Mena e o violoncello de Pieter Wispelwey chegan a Santiago para acompañar á Real Filharmonía

23/01/2007

O 25 de xaneiro, aqueles que se acheguen ao Auditorio de Galicia poderán gozar da mestría de Pieter Wispelwey, unha lenda viva no mundo do violoncello, na interpretación dun concerto de Saint-Saëns. A Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Juanjo Mena, acompañará a Wispelwey nun programa que se completará con obras de Beethoven e Haydn.

Leer más
Compartir: