SEMANA SANTA
Comeza a Semana Santa en Compostela
Centos de persoas acompañaron a procesión do Domingo de Ramos, coa tradicional imaxe de Xesús sobre a "borriquita". Durante os vindeiros días, as rúas de Compostela acollerán perto dunha ducia de procesións.
DÍA DA ÁRBORE
Rapaces de institutos composteláns plantarán árbores no Paxonal
Os rapaces de Compostela celebrarán os Días da Árbore e da Auga á volta de Semana SAnta coa plantación de cincuenta árbores autóctonos na zona do Paxonal.
MEDIO AMBIENTE
Amplíase o sorteo do contedor amarelo 15 días máis
Ata o vindeiro 31 de marzo, os composteláns poderán seguir depositando bolsas nos contedores amarelos para participar no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural.
EDUCACIÓN
Convócase a 3ª edición dos Premios Educacompostela
O Concello de Santiago e a Nova Escola Galega veñen de convocar a terceira edición dos "Premios Educacompostela", co obxectivo de recoñecer, promover, premiar e difundir os materiais educativos que poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galiza.
CULTURA
Sae á luz o libro "Sky Shout. A pintura despois da pintura"
O Concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou no Auditorio de Galicia o libro "Sky Shout. A pintura despois da pintura", obra do crítico David Barro e do artista Álvaro Negro. O libro nace a propósito da exposición que leva o mesmo nome.
TURISMO
Remata o seminario do proxecto Atlante
O proxecto Atlante ‘Mellorar as Cidades Atlánticas Patrimonio Mundial da UNESCO’, que agrupa a cidades de Portugal e Galicia con declaración de Patrimonio Mundial pola UNESCO -Santiago de Compostela, Lugo, Porto, Guimarães, Évora, Angra do Heroísmo (Azores) e a asociación Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular- celebrou o seu terceiro seminario en Santiago de Compostela entre o 17 e 18 de marzo.
SONS DA DIVERSIDADE
Malkit Singh actúa o venres 18 no Auditorio
O rei do bhangra, a música que dos campos indios de Punjab saltou ás discotecas londinenses, actuará o próximo venres 18 de marzo en Santiago.
TURISMO
Comeza o seminario "Mellorar as Cidades Atlánticas Patrimonio Mundial da UNESCO"
O Alcalde de Santiago e o vicepresidente da Cámara Municipal de Porto, Xosé A. Sánchez Bugallo e Paulo Morais, respectivamente, inauguran o terceiro seminario do Proxecto Atlante, que terá lugar en Compostela.
EDUCACIÓN
Pónse en marcha a V Campaña de Animación á Lectura
Por quinto ano consecutivo, ábrese a campaña de Animación á Lectura, promovida polo Departamento de Educación e Mocidade e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos.
AUDITORIO DE GALICIA
Concerto da Real Filharmonía de Galicia
Ros Marbà, a RFG e o pianista Mikhaïl Rudy interpretarán obras de Weber, Schubert/Liszt e Schumann
No concerto de hoxe, xoves, ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia