TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade na principal feira turística de Italia
O aeroporto de Santiago estrea unha ruta anual con Roma de Vueling para afianzar o mercado italiano en tempada baixa. O mercado italiano é prioritario para a empresa municipal de promoción turística xa que é o mercado internacional que máis pernoctacións xenera nos hoteis da cidade.
POLÍTICAS SOCIAIS
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reúnese con Red Madre
Concha Fernández reuniuse esta mañá coa asociación Red Madre, á que lle confirmou a intención do goberno local de retirarlle o convenio e o piso municipal que están a usar como sede para outros usos de emerxencia social.
DEPORTES
O Concello recibe ás seleccións española e austriaca de balonmán feminino
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu a recepción oficial das seleccións española e austriaca de balonmán feminino, que se enfrontarán este mércores 7 de outubro a partir das 20:45 horas no Multiúsos Fontes do Sar.
ALCADÍA
Martiño Noriega reúnese coa directora da Feira do Libro de Bos Aires
Santiago deCompostela será a cidade invitada na edición de 2016 deste encontro.
ACCIÓN CULTURAL
Arturo Ripstein e Miguel Gomes serán os Premios da XXIX edición de Cineuropa
Programarase unha ampla retrospectiva do máis importante dos cineastas mexicanos e veremos o seu último filme ‘La Calle de la Amargura’, estreado recentemente en Venecia. De Miguel Gomes, recoñecido valor da vangarda do cine portugués, poderemos ver o tríptico ‘As Mil e Uma Noites’, cuxo volumen II representará a Portugal na candidatura aos Oscar.
ALCALDÍA
A Corporación respalda as demandas da comunidade educativa do CEIP de Vite
A voceira da ANPA, María Cernadas, intervíu para defender un aumento do persoal do centro na sesión plenaria, na que tamén se aprobou unha declaración institucional en apoio ás reivindicacións do colexio. Non foi a única declaración, tamén se deu luz verde a outra respaldando a Marcha Estatal contra as Violencias Machistas.
POLÍTICAS SOCIAIS
Éxito da masterclass de zumba a beneficio dos refuxiados sirios
Compostela é unha das cidades galegas que respalda este evento, para recadar fondos para Médicos sen Fronteiras.
DEPORTES
A I Carreira Solidaria da Liga Reumatolóxica Galega congrega a 170 participantes
Co lema "Tod@s contra a dor" a Liga Reumatolóxica Galega organizou a primeira edición da Carreira Solidaria para visibilizar a dor que sufren os pacientes con enfermidades reumáticas.
ESPAZOS CIDADÁNS E CONVIVENCIA
O Ministerio de Fomento inicia a terceira fase das obras do túnel de Conxo
O alcalde da cidade, Martiño Noriega, mantivo distintos contactos co Ministerio para pedir que se axilicen os traballos. O inicio desta fase suporá modificacións no tráfico.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a rescisión do contrato para o derrubamento da Casa da Xuventude
A Xunta de Goberno acordou hoxe desistir do contrato para a execución das obras de demolición da Casa da Xuventude, un proxecto que xa fora suspendido de forma cautelar pola Xustiza.