DEPORTES
Comezan as obras das dúas novas pistas de pádel descubertas de Sar
O concelleiro de deportes, Adrián Varela, visitou as instalacións do Multiusos Fontes do Sar para supervisar o comezo da obra que permitirá sumar dúas novas pistas de pádel ás tres xa existentes, e incorporar un peche perimetral ao complexo deportivo, nun momento de crecente demanda desta actividade.
CULTURA
Pamina Trío pecha o ciclo Música de Cámara
O Pamina Trío, un dos grupos máis sobresaíntes da súa xeración, pecha o xoves 7 o ciclo Música de Cámara cun concerto ás 20:30 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. As entradas, a 6 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e o mesmo día do concerto, dende as 18:00 horas, na do Auditorio de Galicia.
EMPREGO
A Axencia Local de Colocación facilitará a través da súa nova web a captación de candidaturas para ofertas de emprego
A concelleira de Famlia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, presentou a páxina web da Axencia Local de Colocación. Esta nova ferramenta fará máis accesible aos cidadáns a inclusión dos seus currículos na bolsa de emprego e o acceso á información sobre as ofertas laborais dispoñibles.
ALCALDÍA
Listo o convenio entre Concello e Consellería de Educación para o financiamento do servizo de comedor escolar
O alcalde compostelán, Ángel Curras, reuniuse en Raxoi co conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez. No encontro, entre outros asuntos, falouse da inminente sinatura dun convenio para o financiamento do servizo de comedor nos centros educativos composteláns para o curso 2012-2013.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o embaixador de Xapón
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o embaixador de Xapón, Satoru Satoh, de visita en Galicia. O diplomático deixou a súa sinatura no Libro de Honra.
ALCALDÍA
Ángel Currás reuniuse co que fora director do proxecto cultural da capitalidade europea de Santiago de Compostela en 2000
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi con Pablo Martín, director no seu día do proxecto da capitalidade cultural europea de Santiago en 2000.
EDUCACIÓN
Unha exposición amosa o traballo das escolas infantís en torno ao proxecto de arte "Un mundo de posibilidades"
O proxecto de arte Un mundo de posibilidades, desenvolvido nas escolas infantís da cidade entre novembro de 2011 e maio de 2012, culmina cunha exposición na Galería Sargadelos. A mostra inaugurarase o xoves 7, ás 17:30 horas, e permanecerá aberta ata o 2 de xullo.
ECONOMÍA
O Mercado de Abastos protagoniza o curso "Uso e valor do deseño nas empresas"
A concelleira de Economía e Mercados, Reyes Leis, presentou o seminario gratuíto Uso e valor do deseño nas empresas, que se celebrará o 28 de xuño no edificio CERSIA, dentro do programa municipal Santiago Investors Support. A concelleira estivo acompañada da xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey, e da responsable do servizo de Economía do Concello, Carme Casado.
CULTURA
The Last Internationale debuta en Galicia dentro do Compostela Rock
The Last Internationale, power trio con base en New York City que esta conquistando notoriedade internacional grazas aos seus explosivos e impredecibles directos, presenta o seu disco Choose your killer. Faino debutando en Galicia, no Compostela Rock, nun programa dobre que abrirán The Ripe (Austin, Texas; rock-folk psicodélico) O concerto será o mércores 6 de xuño ás 21:30 horas., na Sala Capitol e as entradas, a 10 € anticipada, 12 € o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco,...
ALCALDÍA
Xuntanza do Padroado da Cidade da Cultura
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistíu á reunión do Padroado da Fundación da Cidade da Cultura na súa sede de San Roque.