ECONOMÍA

Máis de 90 empresas xa se inscribiron en Getting Contacts!

05/12/2012

O venres 14 de decembro celebrarase a segunda Xornada de Cooperación Empresarial Getting Contacts! de Santiago de Compostela, dentro do programa Santiago Investors Support, da Concellería de Economía, para a cal xa hai máis de 90 empresas inscritas. A Xornada ten coma obxectivos fortalecer as empresas locais, facilitando os contactos e o networking, xerar novas oportunidades de negocio, atraer a empresarios de outras pobacións e abrir as portas a novas inversións.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Concellería de Centros Socioculturais promove 14 obradoiros de achegamento á lingua e á cultura doutros países

04/12/2012

O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou os 14 obradoiros de lenguas e culturas promovidos polo seu Departamento para o 2013. Estes talleres serán un espazo educativo para aqueles que se queiran achegar dun modo práctico a culturas como a chinesa, a árabe, a alemá, a rusa, a anglosaxona ou a americana. O prazo de preinscrición ábrese o mércores 5 de decembro.

Leer más
Compartir: