EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música ofrece este sábado un concerto para a veciñanza na Finca Vista Alegre
O sábado 4 de maio, ás 12:00 horas, a Finca de Vista Alegre acollerá un concerto para a veciñanza organizado pola Escola Municipal de Mú-sica. Esta actuación ten por finalidade dar a coñecer o traballo desenvolvi-do polas diferentes agrupacións da EMM.
CONVIVENCIA
Protección Civil de Santiago presenta o seu plan de formación no XX Encontro Nacional de Voluntarios de Protección Civil
A agrupación compostelá de Protección Civil estivo representada no XX Encontro Nacional de Voluntarios de Protección Civil, que se celebrou onte e hoxe en Madrid. A xefa da agrupación santiaguesa, Begoña del Río, ofreceu unha conferencia no marco do foro sobre o plan de formación dos voluntarios en Compostela.
IGUALDADE E MEDIO RURAL
O Concello organiza andainas para as mulleres do rural e a exposición "As que fomos"
Tras a celebración dos obradoiros de empoderamento das mulleres do rural postos en marcha nos últimos meses, as parroquias de Compostela volven ser o epicentro da igualdade con dúas accións máis organizadas polos departamentos que dirixen Marta Lois e Rafael Peña. As accións foron presentadas hoxe por ambos edís, acompañados de varias mulleres que participarán nas mesmas, así como da técnica de Centros Cívicos do rural, María Pose, e da encargada das actividades, Cruz Dafonte.
ALCALDÍA
Unha ducia de expositores na 38 edición da Feira do Libro de Santiago
Do 28 de abril ao 5 de maio, o paseo central da Alameda acollerá unha nova edición da Feira do Libro de Santiago, xa a número 38. Desta vez, haberá unha ducia de expositores e están previstas numerosas actividades paralelas. O alcalde, Martiño Noriega, presentou a nova edición da Feira do Libro, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e Dolores Puerta, da Federación de Librarías de Galicia.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba o acordo co Consorcio para a exposición pública do Legado Maside
A Xunta de Goberno aprobou este venres o convenio co Consorcio de Santiago para a cesión das obras do legado do pintor Carlos Maside, adquiridas grazas ao financiamento do organismo interadministrativo e da Deputación da Coruña. O acordo é o paso previo necesario para a exposición pública da obra, nun espazo cedido pola Universidade de Santiago.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Clausura este sábado da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura
Este sábado, ás 12:00 horas, o Centro Abanca Obras Social, na praza de Cervantes, acolle a clausura da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura. Será cunha sesión aberta e de balde ata completar aforo na que haberá contos música e outras sorpresas, ademais do concerto do alumnado da Escola Municipal de Música.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os asasinatos machistas dunha muller e do seu fillo en Adeje (Tenerife), acontecidos este mércores.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Máis de 300 escolares participan no XXIV Certame de Teatro Intercentros
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou hoxe o XXIV Certame de Teatro Intercentros, que un ano máis se celebrará no Teatro Principal entre o 29 de abril e o 22 de maio. Na rolda estivo acompañado polos dous mestres encargados da organización do certame, Sagrario Torrado e Daniel Baamonde, e tamén por varios alumnos e alumnas que participan como Catalina Figueroa e Aitana Suárez, do Xelmirez I; Elena Fornias, Candela Campos e Xesús Mosqueira, do CEIP de Roxos.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO
Música, gastronomía, poesía, teatro e moito máis na segunda edición da Festa do Banquete
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe a programación completa da Festa do Banquete, que terá lugar no barrio de Conxo os días 3, 4 e 5 de maio. Dous serán os espazos fundamentais onde se desenvolvan as actividades: a carballeira de Conxo e a praza de Aurelio Aguirre.
CONSORCIO
O violoncellista canario Ángel Luis Quintana formará neste instrumento a músicos/as noveis galegos/as
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o violoncellista canario Ángel Luis Quintana formará neste instrumento tanto aos/ás estudantes da Escola como a alumnos/as externos/as interesados/as en perfeccionar a súa interpretación con este instrumento.