TURISMO
"Santiago Paixón Doce" celebra a súa III edición do 23 de marzo ao 2 de abril
Santiago Paixón Doce, programa que naceu no 2016 baixo a marca paraugas de Compostela Gastronómica, celebrarase do 23 de marzo ao 2 de abril. Entre estas datas, as cafeterías participantes incluirán nas súas cartas produtos e preparacións doces tradicionais da cidade e da Semana Santa, en formato merenda, para incentivar o consumo de media tarde.
ALCALDÍA E MEDIO AMBIENTE
O alumnado do Lamas de Abade e da Escola Infantil Raiola, protagonista da plantación do Día Internacional dos Bosques
O Concello de Santiago celebrou hoxe o Día Internacional dos Bosques cunha plantación en Lamas de Abade, nunha finca de titularidade municipal na que meses atrás se retiraran eucaliptos polos riscos que supuñan en caso de incendio. No acto participaron o alcalde, Martiño Noriega, e os concelleiros de Medio Ambiente e de Medio Rural, Xan Duro e Rafael Peña. Pero os verdadeiros protagonistas foron os alumnos e alumnas do CEIP Lamas de Abade e da Escola Infantil Raiola.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela súmase ao proxecto "As pegadas de Rosalía"
O Concello de Santiago vén de adherirse ao proxecto denominado "As pegadas de Rosalía", unha Ruta Rosaliana da que tamén forman parte os concellos de Padrón, Ames e Brión. Trátase dun itinerario circular que parte da praza de Vigo e chega ao Panteón de Galegos Ilustres, despois de percorrer lugares vinculados á vida de Rosalía de Castro como San Xoán de Ortoño, a igrexa de Bastavales, en Brión, ou a colexiata de Iria Flavia, en Padrón.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Pleno infantil con alumnado de primaria do Colexio Compañía de María
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu un pleno infantil no que os concelleiros e concelleiras foron alumnos e alumnas de primaria do Colexio Compañía de María.
MEDIO AMBIENTE
Compostela celebra o Día dos Bosques cunha plantación en Lamas de Abade e con visitas guiadas polos parques
Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional dos Bosques e a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vaino conmemorar a partir de mañá cunha ampla axenda de actividades. A cita máis salientable será unha plantación nunha parcela de titularidade municipal en Lamas de Abade. Ademais, nos próximos días haberá roteiros temáticos polos parques de Santiago, en colaboración co Museo de Historia Natural da USC.
COMERCIO
Arrinca a terceira edición do programa de dinamización comercial "Con B de Barrio"
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu conta hoxe da posta en marcha da terceira edición do programa Con B de Barrio, que busca dinamizar o pequeno comercio da nosa cidade. Marta Lois lembrou que "este programa xa está dando os seus froitos, como vimos coa primeira edición da Semana da Novela Negra de San Pedro".
ALCALDÍA
Aberta a inscrición para a o 1º Mercado do Libro e da Artesanía no marco da festa do Banquete de Conxo
O Concello vén de abrir a inscrición para a primeira edición do Mercado do Libro e da Artesanía, que se celebrará a fin de semana do 21 e 22 de abril no marco das actividades organizadas para a celebración da festa do Banquete de Conxo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Segue aberta ata o 23 de marzo a inscrición no Programa de Conciliación de Semana Santa
A Concellaría de Educación e Cidadanía mantén abertas ata este vindeiro venres, 23 de marzo, a inscrición e matrícula no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa. As actividades desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril no CEIP As Fontiñas e no CEIP Raíña Fabiola. Hai un total de 100 prazas, 50 para cada un dos centros.
IGUALDADE
Comezan os obradoiros de empoderamento da muller nas parroquias do rural
Este mércores 21 de marzo comeza o programa de obradoiros abertos nas parroquias de Compostela, organizado pola Concellaría de Medio Rural no marco das actividades con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Os talleres desenvolveranse en seis centros socioculturais entre os meses de marzo, abril e maio.
ESPAZOS CIDADÁNS
Inícianse as reunións focais para a elaboración do Plan de Xestión da Cidade Histórica de Santiago
Este martes comeza unha nova fase do proceso de participación vinculado á elaboración do Plan de Xestión da Cidade Histórica. Será coa reunión do grupo focal "Habitar a cidade histórica", á que lle seguirá, mañá, a xuntanza de Turismo. Da celebración destes encontros deron conta o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e o codirector do Plan de Xestión, Juan Requejo.