MEDIO AMBIENTE
O Concello pon en marcha un novo servizo de puntos limpos móbiles no marco do proxecto "Recíclame Compostela"
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Santiago pon a disposición da cidadanía novas opcións de recollida de residuos non voluminosos e reciclaxe de lixo domiciliario especial.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local realizou 1390 probas de alcol e drogas a pasada semana, cun resultado de 60 positivos
Durante a pasada semana, do 3 ao 18 de decembro, a Policía Local adheriuse á campaña de vixilancia e control da taxa de alcol e outras drogas promovida pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Os/as axentes realizaron 1390 probas, cun resultado final de 60 positivos.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba, de xeito provisional, o documento reformado do Plan Parcial de Ordenación do SUND 8 en Monte Vidán
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, de xeito provisional, o documento reformado do Plan parcial de ordenación do SUND-8 (Monte Vidán), cunha edificabilidade máxima de 33 vivendas. Tamén se tomou coñecemento da providencia que tiña por obxecto o requirimento de regularización para autorización de tránsito á canteira de Miramontes, e que lle da a razón ao Concello no control de vehículos de circulación de gran tonelaxe. Na práctica significa que non van poder pasar os camións de...