FESTAS
Programa de Nadal 2021: Nadal sobre Rodas
O precioso autobús inglés de dous pisos, de Nadal sobre Rodas percorrerá do 4 de decembro ao 5 de xaneiro as diferentes rúas e prazas da cidade que acollerán divertidos obradoiros de cociña e actuacións musicais de balde para animar as xornadas de compras de Santiago de Compostela!
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de despregamento de SOC e a súa inclusión na convocatoria de subvencións de transformación dixital e modernización das administracións locais
A Xunta de Goberno, reunida en sesión extraordinaria, acordou a aprobación do proxecto "Despregamento de SOC (Centro de Operacións de Seguridade) para o Concello de Santiago de Compostela compatible con ferramentas do CCN (Centro Criptolóxico Nacional) e actuacións complementarias"; e a súa inclusión na convocatoria de subvencións de 2021, impulsadas polo Goberno Central, relativas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades locais, no marco do "Plan de...
URBANISMO
O Polo Biotecnolóxico de Galicia despega co inicio das obras do centro de servizos innovadores na Sionlla
O Centro Empresarial do Tambre acolleu hoxe a reunión da Mesa Institucional do chamado "Acordo da Sionlla" na que se presentou de forma oficial o Polo Biotecnolóxico de Galicia. Asistiron ao encontró o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET), José Fernández Alborés; o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez; o...
INFORMÁTICA
O Concello pon a disposición da cidadanía un correo electrónico provisional mentras non se recupera o servidor principal
O departamento de Informática está traballando desde o pasado venres na recuperación do servidor de correo electrónico do Concello de Santiago. Un fallo no programa deste servidor colapsou as bases de datos onde se almacena a información das persoas usuarias e, neste momento, a maioría dos correos electrónicos do Concello de Santiago non funcionan. Mentras non se subsana esta incidencia, o Concello pon a disposición da cidadanía un enderezo de correo electrónico provisional:...