XUVENTUDE
Arrancan en catro institutos da cidade as representacións de Teatro Foro, a actividade da Concellería de Mocidade para fomentar a aprendizaxe emocional entre a xuventude
O departamento de Mocidade do Concello de Santiago está a impulsar un proxecto de teatro foro para a abordaxe dos impactos emocionais derivados da pandemia, o coñecido como teatro foro, actividade que presentaron en rolda de prensa o concelleiro, Rubén Prol, e o educador social encargado do seu desenvolvemento Ramón Molina. As obras creadas no marco deste proxecto comezarán a representarse este trimestre en catro institutos da cidade.
OBRAS
As novas actuacións de rexeneración asfáltica que está acometendo a concellaría de Obras beneficiarán a 20 rúas da cidade
O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, informou en rolda de prensa das 20 actuacións de rexeneración asfáltica que se están executando na cidade, ou a piques de comezar. Contan cun investimento total de 1.243.763 euros e afectan a 18 rúas de distintos barrios; á Vía Édison, na zona do Polígono do Tambre; e á Avenida de Asturias, onde os traballos están a punto de finalizar.
SMARTIAGO
Preséntase, no marco de Smartiago, o proxecto do primeiro vehículo eléctrico autónomo para mellorar o transporte de mercadorías e reducir o impacto ambiental na zona histórica de Santiago
O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo e responsable do proxecto Smartiago, Sindo Guinarte; e Severino Castromán Souto, responsable de Administracións Públicas Galicia - Vodafone España; presentaron o proxecto para o desenvolvemento do primeiro vehículo eléctrico autónomo para mellorar o transporte de mercadorias e reducir o impacto ambiental na zona histórica de Santiago.
MEDIO AMBIENTE
O Concello e a Unión de Consumidores de Galicia organizan unha serie de actividades coa economía circular como protagonista
Celebrarase un concurso de Tik Tok e un faladoiro o 2 de decembro co obxectivo de fomentar un maior coñecemento da economía circular.
MEDIO AMBIENTE
Aberto o prazo de solicitude de composteiros individuais do 5 ao 21 de novembro
O Concello de Santiago resultou beneficiario das axudas destinadas ao fomento da compostaxe, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020. No marco destas axudas recibíronse 600 composteiros individuais para a súa distribución entre as persoas que así o soliciten.
COMERCIO
A partir das 9.00 horas do venres 5 poderán descargarse os Bonos Corazón Compostela cos novos importes
Os Bonos Corazón Compostela amplían desde este venres a oferta de contías: poderán solicitarse bonos de 75 euros, pero tamén de 50 e de 30. Ademais, cada usuario poderá descargarse ata un máximo de tres.
SMARTIAGO
Presentación, en el marco de Smartiago, del proyecto del primer vehículo eléctrico autónomo para mejorar el transporte de mercancías y reducir el impacto ambiental en la zona histórica de Santiago
El concejal de Presidencia, Relaciones Institucionales y Turismo y responsable del proyecto Smartiago, Sindo Guinarte; y Severino Castromán Souto, responsable de Administraciones Públicas Galicia - Vodafone España; presentaron el proyecto para el desarrollo del primer vehículo eléctrico autónomo para mejorar el transporte de mercancías y reducir el impacto ambiental en la zona histórica de Santiago.