POLÍTICAS SOCIAIS
A UMAD pon en marcha unha campaña para concienciar a poboación moza sobre os perigos das apostas
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou hoxe a campaña "A túa liberdade, a mellor aposta", que busca concienciar aos máis novos sobre os perigos dos xogos online e as apostas presenciais.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival de Música Barroca programa para o mes de outubro cinco concertos, xornadas de cine e distintas actividades complementarias
A concelleira de Acción Cultura, Mercedes Rosón, asistiu hoxe á presentación da segunda edición do Festival de Música Antiga e Barroca, organizado polo Ateneo de Santiago. O evento, que se desenvolverá ao longo do mes de outubro, conta cun programa de cinco concertos, xornadas de cine, e distintas actividades complementarias relacionadas coa música barroca.
TURISMO
O alcalde sinala que a selección por parte do Ministerio de Industria do "Plan de Sostibilidade Turística de Santiago" é unha boa noticia para a cidade e para Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou hoxe a súa satisfacción pola seleccion, por parte da Secretaría de Estado de Turismo, do Plan de Sostibilidade Turística en destinos 2021/2023 elaborado pola concellaría de Turismo, que segundo informou o Ministerio de Industria a través dunha nota de prensa, contará cun investimento de tres millóns de euros. É, sinalou o rexedor,"unha boa noticia" para Compostela e unha "boa noticia para Galicia".
EDUCACIÓN
Os solicitantes de días fixos que non están facendo uso do comedor escolar deberán confirmar a súa praza antes do 8 de outubro
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez BugallO, e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, reuníronse hoxe con responsables das ANPAS dos colexios públicos con comedor xestionado polo concello. Desde o goberno municipal pedíronlle ás familias daqueles usuarios que non están facendo uso do servizo, que confirmen a súa praza antes do 8 de outubro (inclusive) para poder saber cal é o número de prazas realmente dispoñibles e así poder atender outras solicitudes.