REHABILITACIÓN
Compostela obtén o proxecto arquitectónico para recuperar o entorno da rúa da Caramoniña
A proposta municipal de rehabilitación para a rúa da Caramoniña gañadora do Concurso Driehaus xa conta co seu proxecto arquitectónico, elixido entre as propostas de deseño presentadas por máis de 100 estudios de arquitectura nacionais e internacionais. O proxecto gañador recibirá 12.000 euros.
TURISMO
Xa está aberta a oficina de información turística do aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro
A oficina de información turística do aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro abríu hoxe as súas portas logo de que tivese que pechar por mor da declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo. Fixouse como data de apertura o 1 de xullo, xa que nestes días o aeroporto está recuperando a maior parte das súas rutas, incluíndo as internacionais, aínda que cunhas frecuencias adaptadas á situación actual.
ALCALDÍA
O alcalde acolle con "esperanza e ilusión" a apertura do Camiño e anima os/as peregrinos/as a retomar a ruta
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo,e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nun percorrido a pé do tramo do Camiño de Santiago entre o Monte do Gozo e a praza do Obradoiro. Alí, a comitiva foi recibida polo arcebispo da Arquidiócese de Santiago, Julián Barrio.