FESTAS
Mañá venres ábrese a reserva de entradas para as actividades de "Prima20", a festa do comercio local
Do 25 ao 28 de xuño e o 4 de xullo celebrarase nas rúas de Compostela Prima20, a aposta do Concello para reactivar o comercio local e recuperar para a cidadanía as rúas de Santiago na volta á "nova normalidade". Serán cinco xornadas cheas de actividades, para as que haberá que reservar mediante cita previa, co obxecto de controlar aforos e así garantir as distancias de seguridade. A reserva debe realizarse na web comerciolocal.gal.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu o coronel Manuel Muñoz na súa despedida como xefe do Aeródromo Militar de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o coronel xefe do Aeródromo Militar de Santiago, Manuel Muñoz Mompó, con motivo da súa despedida do cargo.
CONSORCIO
Comeza unha nova edición do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación
A Fundación Laboral da Construción (FLC) e o Consorcio de Santiago presentaron este xoves unha nova edición do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación (CEGOR), que se está a impartir no Centro de Formación en Materia de Rehabilitación, en Santiago de Compostela. Este centro, pioneiro en España, foi promovido pola FLC e o Consorcio, e ocupa as instalacións industriais rehabilitadas da antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, unha das máis importantes e...
REHABILITACIÓN
A listaxe Limiar, para a rehabilitación de vivenda, abre un período extraordinario e abreviado de inscrición
Co fin de elaborar novas estratexias e programas de rehabilitación, así como da definición das próximas convocatorias de axudas á rehabilitación, e atendendo á actual situación de crise sanitaria, a Concellaría de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica abre un período extraordinario de inscrición no Limiar, a listaxe municipal de propietarios de edificios residenciais implicados en actuacións para a súa rehabilitación.
MEDIO RURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Últimas horas para inscribirse nas actividades de conciliación dos centros socioculturais do rural
Mañá venres remata o prazo de preinscrición en Verán no rural, o programa de conciliación que se desenvolverá durante o mes de xullo en seis centros socioculturais do rural compostelán. A participación nas actividades é de balde. As familias interesadas deben enviar a ficha de preinscrición (Anexo I) ao correo electrónico mposeo@santiagodecompostela.gal ou acudir presencialmente á Casa das Asociacións de Cornes en horario de 9:00 a 14:00 horas.
TURISMO
Turismo de Santiago iniciará en xullo unha ambiciosa campaña de promoción dirixida aos mercados de proximidade
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, reuníronse no Pazo de Raxoi con representantes da Asociación Hostalaría Compostela: a súa presidenta, Sara Santos; o membro da xunta directiva pola sección de restauración, Lois Lopes; e o seu xerente, Ramón García.