FESTAS
O Mercado da Estrela volve o 18, 19 e 20 de decembro con novos espazos que redescubrir na cidade e unha ampla e atractiva programación musical
O concelleiro de Festas Gonzalo Muíños e a directora do Mercado da Estrela, Mónica Mejías deron conta esta mañá dunha nova edición do festival do talento galego, que se celebrará na nosa cidade os días 18, 19 e 20 de decembro.
COMERCIO
O Concello achega 30.000 euros a Área Central para actividades de dinamización comercial
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá o convenio de colaboración co representante da comunidade de propietarios do Centro Comercial Área Central, Francisco Javier Suárez-Vence, para o desenvolvemento das actividades de dinamización comercial deste 2020, entre elas as de Nadal.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Os Premios Youtubeir@s entregan os galardóns dunha cuarta edición marcada pola consolidación ao duplicar a participación de vídeos e creadoras
Os IV Premios Youtubeir@s xa teñen gañadoras e gañadores. Neste 2020, no que se rexistrou a máxima participación ao pasar de 240 vídeos inscritos en 2019 a un total de 536, a gala de entrega está a ser substituída -debido a situación sanitaria- pola emisión dunha serie de entrevistas con finalistas e gañadoras conducidas por Lucía Aldao e María Lado. Se a semana pasada puidemos escoitar a diferentes finalistas, nos vindeiros días emitiranse tamén por Youtube as conversas coas propostas...
SEGURIDADE CIDADÁ
A Polícia local pon en marcha unha campaña de control do uso dos sistemas de retención infantil
Co obxectivo de concienciar a pais e nais sobre a importancia da seguridade infantil no coche, o departamento de Educación Viaria da Policía local porá en marcha unha campaña, a partir do día 9 de decembro e durante unha semana, para lembrar cando e como se usan os sistemas de retención infantil (SRI) e as consecuencias de non facelo.