LINGUA
Mañá remata a inscrición nos premios Youtubeir@s
Mañá xoves, 15 de marzo, remata o prazo de inscrición para participar nos premios Youtubeir@s, que procuran a promoción do uso do galego en YouTube. Trátase dunha iniciativa impulsada polos servizos de normalización lingüística de nove concellos, entre eles Santiago, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, o da muller xixonesa cuxo cadáver foi atopado o pasado 6 de marzo en Arbón (Asturias).
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A terceira edición de Caroutlet Motorocasión ofrecerá arredor de 400 vehículos en oferta
O recinto feiral de Amio acollerá do 16 ao 18 de marzo a terceira edición do Salón Caroutlet Motorocasión que terá unha extensión de máis de 4.000 metros cadrados. Na presentación do evento estivo a tenente de alcalde, María Rozas, acompañada do director do Salón, José Enrique Elvira.
COMERCIO
O barrio de San Pedro celebra a I Semana da Novela Negra
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou ese mércores a primeira edición da Semana da Novela Negra, que se celebrará no barrio de San Pedro entre o venres 6 e o domingo 15 de abril. "A proposta -tal e como sinalou Lois- é unha das accións resultantes da edición pasada do programa Con B de Barrio. Por iso na rolda tamén estivo Chus Costoia, de Libraría Pedreira.
ACCIÓN CULTURAL
A poesía desprega o seu osíxeno en Compostela coa primeira edición do festival "Alguén que Respira!"
Santiago de Compostela consolídase no centro da poesía en Galicia con Alguén que Respira!, primeira edición do Festival de Poesía para Corpo Principal que organiza o Concello compostelán coa colaboración da Secretaría Ceral de Política Lingüística. Así o presentaron esta mañá en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o poeta e director artístico do...
DEPORTE
Preto de 300 escolares participarán este sábado na Concentración de Escolas Galegas de Rugby
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá a concentración de escolas de rugby de Galicia, que terá lugar este sábado en Santa Isabel. Na rolda estivo acompañada por Betty Álvarez, presidenta da Asociación Valentes; María Esperanza Fernández, representante do CDU Rugby Santiago Veteranos, e José Pérez de Vallejo, presidente do Santiago Rugby Club.
CONSORCIO
A Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece un concerto benéfico a favor de Aldeas Infantís este venres en Vigo
A Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, ofrece este venres, 16 de marzo, un concerto benéfico en Vigo a favor de Aldeas Infantís SOS Galicia, de axuda á infancia. A cita será no Teatro Afundación ás 20:00 horas.