IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar outro asasinato machista, neste caso dunha muller en Hortaleza (Madrid) o pasado 1 de xaneiro. Foi onte cando un xulgado determinou que se trataba dun caso de violencia de xénero.
HOMENAXE
Xan Duro asiste á ofrenda floral na honra de Ramón María del Valle-Inclán
O cemiterio municipal de Boisaca acolleu este xoves un acto de homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán, cando se cumpren 81 anos do seu falecemento. Á ofrenda floral asistiu o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.
NADAL
Remata o Mercado de Nadal de Carreira do Conde con éxito de participación e 65 postos instalados
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou esta mañá o Mercado de Nadal instalado na Carreira do Conde, que remata hoxe tras máis dun mes instalado.
NADAL
Os Reis Magos repartiron ilusión en Compostela
As rúas de Santiago acolleron a tradicional Cabalgata de Reis, na que Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron acompañados por máis de 300 persoas, das que 200 eran veciños e veciñas da capital galega inscritos/as no proceso participativo aberto polo Concello. Os Reis Magos foron recibidos polo alcalde e a Corporación, e escoitaron os desexos dos nenos e nenas que se achegaron ata o Pazo de Raxoi.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras de limpeza do ciborio da igrexa de San Martiño Pinario
O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras de limpeza do ciborio da igrexa de San Martiño Pinario. O orzamento global desta intervención foi de 85.207,41 euros. Tal como explica o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto, Ramón Fernández Hermida, limpáronse e rexuntáronse a terraza e os muros do ciborio da igrexa e a cuberta do mesmo, co fin de evitar a entrada da auga da chuvia ao interior do edificio, que chegaba a producir goteiras sobre o altar.