CONSORCIO
A mezzosprano británica Claudia Huckle canta este xoves coa Real Filharmonía a "Sinfonía nº 3" de Mahler
A Real Filharmonía de Galicia celebra este xoves, 12 de xaneiro, o seu concerto semanal de abono na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. A batuta levaraa o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.
TURISMO
Santiago recibirá en Fitur o recoñecemento á cidade española con mellor reputación on line
A concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, presentou as principais accións que Turismo de Santiago desenvolverá en Fitur, que se celebrará en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro. Fitur é a principal feira turística española. Na edición do ano pasado participaron máis de 230.000 persoas, das cales máis de 120.000 foron profesionais do sector. Do 18 ao 20, a feira estará reservada ao público profesional e os días 21 e 22 abrirase ao público xeral.
CONSORCIO
O Consorcio remata a obra de eliminación de humidades na escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego
O Consorcio de Santiago vén de rematar a obra de eliminación de humidades que afectaban á escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego. O orzamento global desta intervención ascendeu aos 44.165 euros.