IGUALDADE
Case 200 nenos e nenas participaron xa no Verán CampUSC, organizado pola Universidade en colaboración co Concello
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitou o Verán CampUSC 2016 acompañada da adxunta ao vicerreitorado de Cultura da USC, Marta Carballo.
ALCALDÍA
Listaxe de persoas gañadoras do convite para os Fogos do Apóstolo 2016
As persoas gañadoras do convite para asistir ao concerto da Real Filharmonía de Galicia no Hostal dos Reis Católicos e para presenciar os Fogos do Apóstolo dende a zona habilitada ao efecto o 24 de xullo poderán recoller as súas invitacións no departamento de Protocolo do Concello ata o día 21 en horario de 9 a 14 horas, presentando o seu D.N.I.
Por razóns de seguridade é imprescincible que comuniquen tamén, ao recoller o seu convite, o nome e D.N.I. da persoa acompañante.
FESTAS
A praza da Quintana acolleu a tradicional Xornada de Folclore Galego
As festas do Apóstolo tiveron este sábado unha das súas citas máis tradicionais, a Xornada de Folclore Galego na praza da Quintana.