XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago prevé restaurar o itinerario fluvial do Sarela ao abeiro do Programa Provincial de Medio Ambiente
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a participación do Concello de Santiago no Plan Provincial de Medio Ambiente 2016. O Goberno local presentará un proxecto de restauración e mellora do itinerario fluvial "De ponte a ponte polo río Sarela". A actuación ten un orzamento de 87.397,40 euros, dos que 61.620,74 procederían da Deputación da Coruña e 25.776,66 do Consorcio de Santiago.
FESTAS
Xornada de xogos populares na Alameda para iniciar as festas do Apóstolo
A programación das Festas do Apóstolo comeza este venres cunha actividade dirixida ao público familiar. Trátase dunha xornada de xogos populares, que se desenvolverá na Alameda pola tarde, xusto antes do pregón inaugural dos festexos a cargo de Anxo Carracedo.
ALCALDÍA
Minuto de silencio na praza do Obradoiro polo atentado en Niza
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración na que se gardou un minuto de silencio polo atentado acontecido onte na cidade francesa de Niza.
IGUALDADE
Marta Lois participa na apertura dunha xornada da USC sobre a incorporación da perspectiva de xénero na docencia
As tres universidades galegas organizan dende hai catro anos unhas xornadas de debate e reflexión arredor da cuestión de xénero, co obxecto de profundar nesta temática dende unha perspectiva investigadora. A cuarta sesión deste encontro desenvólvese este venres na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, centrada na práctica docente coa finalidade de impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como criterio de excelencia universitaria.
FESTAS
Deolinda promete converter o Obradoiro nunha festa no seu concerto desta noite
As festas do Apóstolo arrancan esta noite co pregón de Anxo Carracedo, e de seguido o protagonismo será para Deolinda. O grupo portugués ofrecerá un concerto na praza do Obradoiro, no que presentará o seu cuarto disco, Outras historias. Este mediodía, os seus catro integrantes ofreceron unha rolda de prensa, na que estiveron arroupados polo alcalde compostelán.
FESTAS
Folclore e homenaxe a Los Tamara na primeira fin de semana do Apóstolo
A primeira fin de semana das festas do Apóstolo vai ter un marcado carácter musical. Despois do pregón de Anxo Carracedo e o primeiro gran concerto, con Deolinda, o sábado será o momento dunha das citas máis tradicionais dos festexos: a Xornada de Folclore Galego.
CONSORCIO
O Consorcio destinará 70.000 euros ao mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica no segundo semestre do ano
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para o resto do ano á empresa 2000 Joscon Construcciones, S. L. O organismo destinará 70.000 euros a estas actuacións.
FESTAS
Anxo Carracedo abre o Apóstolo 2016 reivindicando máis apoio para a ciencia
O catedrático de Medicina Legal Anxo Carracedo abriu esta noite as festas do Apóstolo cun pregón dende o balcón do Pazo de Raxoi no que lembrou o seu vencello a Compostela e no que reivindicou máis apoio para a ciencia e a universidade.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello resolve a sentenza do TSXG das escolas infantís de Conxo e As Fontiñas
Sermasa resultou a empresa coa maior puntuación na repetición do proceso de adxudicación do contrato de xestión das escolas infantís de Conxo e As Fontiñas.