DEPORTES
O sábado 10 de maio Compostela acolle a Andaina dos 50 quilómetros
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a X edición dunha camiñata que forma parte do calendario oficial da "Copa Galega 2014 Andainas 50 Km" da Federación Galega de Montañismo. Ademais este ano conta con oito probas puntuais. Estivo acompañado polo presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, entidade organizadora do evento.
TURISMO
Santiago celebra a súa semana xaponesa con gastronomía, obradoiros, exposicións e concertos
O programa inclúe unha mostra de cantos e danzas de monxes budistas e sacerdotes xintoístas da Prefectura de Wakayama. A Semana de Xapón en Santiago, organizado por Turismo de Santiago no marco do Ano Dual Xapón España, celebrarase entre o nove e o trece de maio.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo para participar na excursión ao Bierzo, Villafranca e As Médulas
O martes 6 de maio, a partir das 17 horas, ábrese o prazo para participar nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión. Neste caso trátase de descubrir o Bierzo, saída prevista para o sábado 24 de maio.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Auditorio acolle a entrega de medallas aos policía locais que traballaron no accidente de tren de Angrois
O Pleno da Corporación aprobou na súa sesión ordinaria do mes de abril a concesión de distincións a oitenta axentes que traballaron no accidente de tren de Angrois o pasado 24 de xullo. O acto de entrega, que estará presidido polo acalde compostelán, Ángel Currás, terá lugar mañá martes 6 de maio ás 19.00 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.