ALCALDÍA
O alcalde compostelán agarda que o Mercado de Nadal da Quintana se converta nunha referencia en Galicia nestas festas
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañados da concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentaron a primeira edición do Mercado de Nadal da Quintana, que se celebrará durante 25 días, entre o 12 de decembro e 5 de xaneiro. En 14 postos, artesáns, produtores, comerciantes e restauradores chegados dende distintos puntos de Galicia exhibirán os seus produtos, pezas e coleccións de decoración e produtos de Nadal.
TURISMO
Santiago xa superou en outubro o seu récord histórico de pernoctacións internacionais
O turismo internacional continúa crecendo dun xeito consistente en Santiago. O ano 2014 xa é o mellor ano da historia da cidade en turismo foráneo. Malia que aínda quedan dous meses para rematar o ano, Santiago xa suma 446.915 pernoctacións internacionais entre xaneiro e outubro, segundo os datos do INE. Deste xeito, supera o anterior récord histórico anual, que se logrou o ano pasado, con 444.584 pernoctacións.
PERSOAL
O Concello incrementa os gastos sociais de persoal e recupera a oferta pública de emprego, a promoción interna e o concurso de provisión de postos de traballo
Os concelleiros Manuel Martínez e Alejandro Sánchez-Brunete informaron en rolda de prensa dos orzamentos municipais de 2015 en materia de función pública. Estas contas supoñen a apertura dunha nova senda para a recuperación das condicións de 2011 para os traballadores públicos, dando por saldado o plan de axuste en materia de persoal.
CULTURA
"Angrois no esquecemento" únese ao programa desta XXVIII edición de Cineuropa
Neste último tramo, o festival Cineuropa suma dous novos pases. Un deles é un filme novo, Angrois no esquecemento, documental no que podemos escoitar a vítimas, familiares, profesionais dos servizos de emerxencias e persoas anónimas que colaboraron no rescate e que, un ano despois do descarrilamento do Alvia, intentan superar aquela traxedia. Será o venres 28, ás 22:30 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea, con entrada libre.
CULTURA
Supersubmarina presenta "Viento de cara" no Compostela Rock e no Cineuropa Concerto
Supersubmarina volve á estrada para presentar o seu novo álbum, Viento de cara, que se editou a finais de setembro. A xira arrancou o 17 de outubro e chega a Compostela este xoves 27 de novembro, ás 21:30 horas, na Sala Capitol, dentro dos ciclos Compostela Rock e Cineuropa Concerto. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, que está aberto de 15:30 a 22:00 horas, no teléfono 902 434 443 ou na web entradas.abanca.com. Teñen un prezo de 17 euros anticipada e.../em>
ALCALDÍA
Agustín Hernández visitou os mozos e mozas que se forman como auxiliares de cuadra equina no marco dun programa da UMAD
O Concello de Santiago, a través da Concellería de Servizos Sociais, puxo en marcha unha actuación formativa selectiva denominada "Curso de iniciación - Nivel I de Auxiliar de Cuadra Equina", encadrada nos programas de hábitos de promoción de vida saudable e prevención do consumo de drogas para mozos e mozas que teñen dificultade para acceder ao mercado laboral. Esta actividade está pensada para que dediquen o seu tempo libre a formarse.
ALCALDÍA
Parabéns do alcalde ao Triatlón Arcade Inforhouse polos seus novos éxitos no Campionato de España de Clubs
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi os integrantes do Club Triatlón Arcade Inforhouse. O equipo compostelán vén de revalidar a finais de setembro o título masculino no Campionato de España de Clubs e obtivo o terceiro posto na categoría feminina.