OBRAS E BRIGADA

O Concello investiu 72.000 euros na eliminación de máis de 1.000 fochancas

10/05/2013

O concelleiro responsable da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, acompañado do concelleiro Luis Meijide, encargado do seguimento do rural, deu conta do balance dos traballos de eliminación de fochancas nos vieiros da cidade. En total, as Brigada eliminou 1.150 fochancas, que supuxeron un gasto de 72.000 euros. Ademais, recibíronse 950 chamadas nas liñas postas a disposición dos veciños para atender as súas demandas nesta materia.

Leer más

TURISMO

Lavacolla contará este verán con doce conexións internacionais

10/05/2013

Lavacolla, o aeroporto central de Galicia, contará este verán con doce conexións internacionais, incluíndo tres novas conexións con respecto á temporada de verán do ano pasado: Estambul con Turkish Airlines, e Londres (Gatwick) e Basel con Easyjet. As restantes conexións directas dispoñibles serán: Londres (Stansted), Frankfurt e Milán con Ryanair; París e Zurich con Vueling; Xenebra con Easyjet; Dublín con Aer Lingus; Caracas con Air Europa; e Madeira con Sata. Estímase que entre estas...

Leer más
Compartir: