XUNTA DE GOBERNO

Aberto o prazo de inscrición nos servizos de comedor e de madrugadores

06/09/2012

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a apertura do prazo de inscrición nos servizos de comedor e de madrugadores para o curso 2012-2013 na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello. Tamén se adxudicou a xestión da Escola Infantil de Salgueiriños ata o 31 de decembro.

Leer más

CULTURA

Nacho Vegas inaugura a nova temporada do ciclo Íntimo&Acústico

06/09/2012

Logo do parón estival, o ciclo Íntimo&Acústico, da Concellería de Cultura volve cunha nova temporada cargada de música de calidade. E inaugúrase cun concerto moi especial que dará Nacho Vegas acompañado da súa banda ao completo o venres, 14 de setembro, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal.

Leer más

MOBILIDADE

Inicio do prazo de recollida de tarxetas de aparcamento de residentes para os veciños do barrio da Almáciga

06/09/2012

O Departamento de Tráfico informa que, dende o luns 10 de setembro, os veciños da zona 4 - A Almáciga, que dispoñan da tarxeta de aparcadoiro de residente de zona verde, deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substitúe á anterior. Ademais, recorda aos veciños das outras tres zonas con prazo xa a aberto e que aínda non recolleron as súas tarxetas, que deben pasar a retiralas.

Leer más
Compartir: