EDUCACIÓN

O CEIP Apóstolo Santiago acolle un ano máis o curso de educación de adultos da Fundación Radio ECCA

03/10/2012

A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, e a directora da Fundación Radio ECCA en Galicia, Carmen Dios, presentaron o curso de educación de adultos da Fundación Radio ECCA, cuxas clases acollerá o CEIP Apóstolo Santiago. O obxectivo desta formación é a obtención do título de Graduado en Secundaria, estudando dende a casa e con dúas clases presenciais á semana.

Leer más

CULTURA

Regresa Falabaratos con Goyo Jiménez, Ángel Martín, Ricardo Castella, Leo Harlem, David Guapo e Berto Romero

03/10/2012

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación de outubro a decembro do ciclo Falabaratos: monólogos, contos e outros shows. O ciclo trae nestes tres meses ao mellor da escena humorística actual á nosa cidade. Así, teremos a Goyo Jiménez; Ángel Martín e Ricardo Castella; Leo Harlem e amigos; David Guapo e Berto Romero. As funcións, sete en total, serán todas no Teatro principal a excepción da de Leo Harlem, que será no Auditorio de Galicia.

Leer más

BARRIOS

Inícianse as obras na Rocha Vella

03/10/2012

A Concellería de Barrios continúa a executar unha serie de obras en 17 barrios da cidade, cun investimento total previsto de 800.733 euros. Xa se iniciaron as actuacións en barrios como a Rocha Vella. Outras, como as de Sar ou Quiroga Palacios- Pontepedriña, avanzan segundo o previsto e, nalgúns casos, xa se remataron. Nas vindeiras semanas continuarán adxudicándose novas obras.

Leer más

DEPORTES

Presentada a XXXV Carreira Pedestre

03/10/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á presentación da XXXV Carreira Pedestre Popular de Santiago, que se celebrará o domingo 28 de outubro.

Leer más
Compartir: