MOBILIDADE

Tráfico activa o operativo preventivo de inverno ante xeadas e nevadas

18/10/2012

O luns 22 de outubro porase en marcha o operativo de tráfico de inverno para facer fronte a situacións de xeadas ou nevadas nas estradas, rúas e beirarrúas da cidade. Tal como acontecera na anterior temporada de inverno, establécense tres niveis de alerta segundo o nivel habitual de afectación destas inclemencias meteorolóxica.

Leer más

FESTAS E CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Concellería de Festas súmase á celebración do 50 aniversario da S.D. Compostela

18/10/2012

A Concellería de Festas e Centros Socioculturais colaborar coa celebración do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela. Así, o arco luminoso feito no seu día a propósito deste aniversario lucirá na entrada principal do estadio de San Lázaro. Ademais, os centros socioculturais de Fontiñas e do Ensanche acollerán unha exposición relativa á celebración.

Leer más

TURISMO

Os personaxes da saga "Star Wars" volverán tomar as rúas de Compostela en 2013

18/10/2012

Centos de afeccionados á saga Star Wars encherán unha vez máis as rúas de Santiago de Compostela caracterizados e disfrazados dos seus personaxes favoritos. Será no desfile que constitúe o acto central de Imperial Stormtroopers II, unha festa coa que a Tropa Korriban - Star Wars Galicia quere celebrar o trixésimo aniversario da estrea dunha das películas principais da saga, O retorno do Jedi. A Concellería de Turismo colabora con esta iniciativa.

Leer más
Compartir: