CULTURA

Chegan a Sons os diálogos entre voz e piano de Ana Belén e Rosa Torres-Pardo

16/06/2011

Última cita desta temporada con Sons da Diversidade, ciclo organizado pola Concellaría de Cultura. Será o venres 17, a partir das 21:00 horas, da man de Ana Belén e Rosa Torres-Pardo, que presentan Música Calada. A vida rima, diálogos entre piano e voz nos que alternan poesía española e música para piano a modo de pregunta resposta. As entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 20 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos...

Leer más
Compartir: