ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao embaixador de Suíza
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o embaixador de Suíza en España, Jean-Philippe Tissières. Na visita estivo acompañado polo ministro conselleiro da Embaixada, Kurt Kunz.
CULTURA
Cineuropa abre o ciclo dedicado ao novo cine galego coa retrospectiva de Ángel Santos
A vixente edición de Cineuropa é a primeira en que se rende homenaxe ao novo cinema galego. Agrupadas baixo o ciclo
CULTURA
O Día do Peón xunta na Alameda unha morea de actividades lúdicas e artesanais
Di o refrán que "polo San Martiño, peóns ao camiño". O acto central do Día do Peón, que se celebrou en toda Galicia por quinto ano consecutivo, desenvolveuse na Alameda de Compostela por iniciativa de Brinquedia -a Rede Galega de Xogo Tradicional-, a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, a Asociación do Xogo Tradicional compostelá e mais a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela reúne un ano máis a elite do squash mundial
A pista do Centro Comercial Área Central reunirá ata o 14 de novembro a algúns dos mellores xogadores do mundo de squash no Trofeo Concello de Santiago. A competición, incluída no circuíto mundial deste deporte, é a máis importante que se celebra en España.
BENESTAR SOCIAL
Unha nova páxina web intenta concienciar á xuventude sobre o uso e abuso do alcohol
A Concellería de Benestar Social, a través da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) pon en marcha unha nova campaña de sensibilización sobre o consumo de alcohol na xuventude. E esta vez faino aproveitando as novas tecnoloxías, a través dunha páxina web: www.quetocaestanoite.es.
CONSUMO
A OMIC edita unha nova guía de concienciación sobre a reciclaxe
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) vén de editar unha Guía práctica para reciclar. A publicación pretende concienciar da importancia da reciclaxe e dar a coñecer dun modo rápido e sinxelo algúns dos materiais que con máis frecuencia se atopa o consumidor.
ALCALDÍA
Destacados investigadores participan en Santiago nun encontro sobre o franquismo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos participantes no VII Encontro de Investigadores sobre o franquismo, organizado polo Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago e a Fundación 10 de Marzo. O evento celebrase do 11 ao 13 de marzo e é a primeira vez que se celebra en Santiago, tras o seu paso por diversas cidades españolas.
ALCALDÍA
O Pleno pronunciarase en defensa da Facultade de Medicina de Santiago
"Con coherencia e en base ao interese xeral". Así solicitou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, que actúe na polémica sobre a convocatoria de prazas de docentes pola Facultade de Medicina. En troques disto, dixo, "está a actuar como parte" neste tema. O Pleno municipal pronunciarase sobre este tema na sesión ordinaria deste mes de novembro.