ALCALDÍA
Compostela contará en 2010 cun novo e dinamizador complexo sociocultural no seu casco histórico
A entidade bancaria Caixanova deu a coñecer o complexo sociocultural que porá en marcha en Santiago a través de dous inmobles en Cervantes e Preguntoiro. Unha iniciativa que permitirá recuperar un importante patrimonio histórico, potenciar a actividade social e cultural da cidade e reforzar o interese turístico e comercial da zona.
CULTURA
Cultura e solidariedade únense para chamar a atención sobre os trastornos alimentarios
A Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL) celebra o seu II Festival Solidario para facer unha chamada de atención sobre os trastornos alimentarios e para demandar que se fale deles con rigorosidade. Será o xoves 14, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
MEDIO AMBIENTE
Comezan os cursos de condución eficiente
O Curso de Condución Eficiente que pon en marcha a Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) e o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), celébranse na cidade entre o luns 11 e o mércores 13 de febreiro.
MERCADOS
Mercagalicia pechou as contas de 2007 cun beneficio de máis de 76.000 euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o consello de administración de Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago (Mercagalicia). No mesmo, o concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, tomou posesión como novo conselleiro da entidade e aprobáronse as contas anuais de 2007, cun saldo positivo por noveno ano consecutivo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dará o visto bo á concesión de máis de 400 licenzas en Pontepedriña
A sesión da Xunta de Goberno Local do luns 11 de febreiro terá coma un dos puntos fortes do día a concesión de licenzas para a construción de 411 novas vivendas no SUP-7 de Pontepedriña.
TURISMO
O Fórum Gastronómico publica o primeiro código de regulación para blogs gastronómicos
Baixo o nome de Código Cociña xa se pode consultar na rede o manual de boas prácticas á hora de crear e xestionar a través de internet un blog de tema gastronómico.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica emitiu 25 certificados para obter descontos publicitarios
Vintecinco empresas e comercios beneficiaronse no ano 2007 de descontos en tarifas publicitarias grazas á aplicación do Programa de fomento do investimento en publicidade e promoción comercial, recollido nun convenio asinado entre a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e os principais medios de comunicación que operan en Santiago. A cifra é un moi superior á edición do 2006, ano no que se emitiron catro certificados.
EIXO ATLÁNTICO
Santiago anima aos membros do Eixo Atlántico a aproveitar o seu novo potencial
O concelleiro de Facenda, Andrés Fariña, acudiu á XXV Asemblea Xeral do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que se celebrou no Pazo de Castrelos de Vigo. Como representante da cidade de Compostela, Fariña fixo unha exposición das novas potencialidades coas que conta o Eixo dos 34, e animou aos representantes das cidades membro a consolidar a súa posición territorial a través de iniciativas relevantes no plano laboral, nos transportes, nas infraestruturas, na cultura e no deporte.