CONSORCIO

Máis de 15.000 persoas visitaron a exposición "Santiago dC" no seu primeiro mes de apertura

01/06/2007

Dende a súa inauguración o 25 de abril, 15.563 persoas achegáronse ata "Santiago dC", unha exposición que reflicte a relación existente entre a memoria da cidade e o seu futuro, a relación entre o pasado e os proxectos que a transformaron e ampliaron. A exposición, conmemorativa do XV aniversario da creación do Consorcio de Santiago, pode verse no singular edificio do Banco de España nun horario de 10:00 a 24:00 horas, agás os martes, que permanece pechada.

Leer más
Compartir: