ALCALDÍA

O Concello comprométese coa Arquiconfraría a axilizar os trámites necesarios para que a cidade teña albergue de peregrinos en 2009

23/05/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Xunta Central da Arquiconfraría Universal do Apóstolo Santiago, Agustín Dosil Maceiras, veñen de asinar un protocolo de colaboración no que se plasma o firme compromiso do Concello de axilizar a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica, actuación necesaria para construír un albergue de peregrinos na parcela do Seminario Menor, en Belvís. No acto de sinatura presentouse...

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Noites de música na terraza da Trisca

23/05/2007

A concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez presentou o ciclo de concertos "Noites de música na terraza". Terán lugar no Centro Sociocultural da Trisca os días 24 de maio, 7 e 21 de xuño e 12 de xullo, ás 22:00 horas.

Leer más

AUDITORIO

Noite de violíns no Auditorio de Galicia

23/05/2007

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto cuxo protagonista absoluto é o violín, nas mans de Jean Jacques Kantorow e do seu violín principal James Dahlgren. Será o xoves 24 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Leer más

DEPORTES

O Polígono do Tambre acollerá unha carreira popular solidaria

23/05/2007

Un circuíto nas estradas do Polígono do Tambre será o escenario, o 17 de xuño, ás 11:30 horas, da I Carreira Solidaria "Polígono do Tambre". Esta proba foi posta en marcha pola organización non gobernamental, Intermón Oxfam, por iniciativa do atleta santiagués Pedro Nimo, e ten o obxectivo de recadar fondos para a construción dunha escola en Angola. A cita conta co patrocinio da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e coa colaboración da Fundación Compostela Deporte e do...

Leer más
Compartir: