VIVENDA

Ao Concello sorpréndenlle as afirmacións de Vivenda sobre incorreccións nos expedientes despois de once meses sen emitir ningún informe

12/04/2007

A Consellería de Vivenda fixo pública unha nota en referencia á tramitación dos expedientes adxudicatarios provisionais de 99 vivendas de promoción pública no Concello de Santiago. Nota na que, entre outras afirmacións, sorprende a acusación ao Concello de Santiago de dilación no proceso de tramitación das devanditas adxudicacións.

Leer más

EDUCACIÓN E MEDIO AMBIENTE

Os escolares de catro centros composteláns aprenden a cultivar un horto

12/04/2007

En virtude do convenio asinado entre as Concellarías de Medio Ambiente e Educación e a asociación ecoloxista Adega, os escolares de catro centros públicos composteláns están a por en marcha cadanseu horto escolar. As concelleiras de Educación, Elvira Cienfuegos, e de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, achegáronse ata un dos centros nos que se está a desenvolver esta actividade, o Raíña Fabiola.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica presenta as cinco novas especialidades do Plan FIP para 2007

12/04/2007

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou as cinco especialidades do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional), concedidas pola Consellería de Traballo, que impartirá a Concellaría no ano 2007. Son: instalador de sistemas de enerxía solar térmica, fontanería, carpintería, cantería e xardinería. Todos estes cursos, homologados pola Xunta de Galicia e subvencionados con 346.799,7 euros, realizaranse no Centro de Formación Ocupacional Sanxuás de...

Leer más

EDUCACIÓN

Un grupo de alumnos de secundaria de Toledo visitan Santiago no marco do Programa "Coñecer as Cidades Patrimonio"

12/04/2007

Segue a desenvolverse a sexta edición do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio", no que ademais de Compostela participan as cidades de Ávila, Ibiza, Segovia, San Cristóbal de La Laguna, Alcalá de Henares, Toledo, Cáceres, Córdoba, Salamanca e Cuenca. No marco desta convocatoria, o xoves 12 de abril chega a Santiago o grupo gañador de Toledo. Os alumnos e profesores pertencen ao IES Universidad Laboral (4º da ESO) e permanecerán na cidade ata o 14 de abril.

Leer más

TURISMO

Nove xornalistas italianos visitan Santiago de Compostela

12/04/2007

Nove xornalistas de Milán e Roma visitan a capital galega como parte dunha viaxe de familiarización organizada por Turespaña e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade Españolas. Estarán na cidade ata o 13 de abril, atendendo un programa de visitas preparado por Turismo de Santiago.

Leer más
Compartir: