FESTAS

Santiago estrea Banda de Cornetas e Tambores

03/01/2007

A Cabalgata de Reis será o primeiro acto no que tomará parte a nova Banda de Cornetas e Tambores de Santiago. A nova formación está composta por nove percusionistas e cinco cornetas e participará a partir de agora en diversos actos institucionais.

Leer más

FESTAS

Os Reis Magos repartirán 2.500 quilos de caramelos

03/01/2007

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou as actividades previstas con motivo da Cabalgata de Reis. As súa Maxestades chegarán un ano máis en tren, dando paso a un multitudinario percorrido no que participarán 230 figurantes e 10 carrozas.

Leer más

CULTURA

A Filharmonía amplíase para tocar Gershwin e Bernstein nun Concerto de Reis benéfico

03/01/2007

O venres 5 de xaneiro, as dez da noite, o Auditorio de Galicia acolle un concerto que ten por protagonista á infancia. Nun día tan especial para os cativos como é a véspera de Reis, a RFG quere colaborar con UNICEF, destinando o importe íntegro da recadación do concerto á campaña "Unidos pola infancia. Unidos contra a SIDA". Ademais habilitarase unha fila cero para todos aqueles que queiran colaborar coa campaña, pero non poidan achegarse ata o Auditorio.

Leer más

CULTURA

Os valses e as polcas soaron no Auditorio

03/01/2007

A Strauss Festival Orchestra ofreceu un concerto no Auditorio de Galicia. Esta formación é en realidade a Orquesta Sinfónica da Ópera Nacional de Minsk, que toma este nome nas súas xiras do Gran Concerto de Aninovo. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, no quixo perderse o concerto.

Leer más
Compartir: