ALCALDÍA

O día de San Roque volverá a ser festivo en 2007

16/08/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o vindeiro ano 2007 o día de San Roque volverá a ser non laborable na cidade. Pouco despois de participar na tradicional homenaxe ao santo, lembrou que a non festividade desde ano obedeceu unicamente a "circunstancias excepcionais".

Leer más

CULTURA

Dúas novas compañías debutan no Festival d’Gorra

16/08/2006

Se a chuvia o permite, o circo, os malabares e o clown seguirán enchendo as rúas e prazas de Compostela nunha nova xornada do Festival d’Gorra. O xoves 17 repiten varios dos artistas que actuaron en días pasados e debutan dúas novas compañías, Shampoo e Mejunje.

Leer más

CULTURA

Noite de jazz no "Feitoamán"

16/08/2006

"Feitoamán" segue a encher de música as noites do casco antigo. Para o xoves 17 está prevista outra intensa sesión de jazz ás 22:30 horas.

Leer más

ALCALDÍA

Levántase o dispositivo de emerxencia contra os incendios

16/08/2006

Á vista das condicións meteorolóxicas e da extinción total dos incendios de Compostela, levantouse o dispositivo de emerxencia que durante doce días mobilizou a Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Cruz Vermella e empresas municipais. O balance provisional deixa un resultado dunhas 830 hectáreas queimadas, case o 4% da superficie municipal.

Leer más
Compartir: